Altri, vodas e bautizos

Altri, vodas e bautizos

Author: Luzes March 21, 2024 Duration: 44:56

Nos dous anos que leva a proposta roldando polos despachos, a Xunta xa sabía que o proxecto de Altri era un calote en forma de macrocelulosa, e deixou pasar, ou non sabía nada. Visto doutra forma: foi cousa de malicia ou de ignorancia? Cal das dúas opcións é peor? A Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro o asunto chéiralles mal –nunca mellor dito–. Tan mal como que esteamos pendentes da investidura de Alfonso Rueda como presidente galego por cousa dunha voda que hai en Madrid. Se aínda casase Leonor, pero o alcalde... E se aínda fose un enterro, pero postergar Galicia por unha voda... Ai se don Manuel levantara a cabeza!


A actualidade está sobrevalorada, unha proposta da Revista Luzes, é precisamente iso: un espazo para respirar fóra do ritmo afogado das noticias de última hora. Aquí, Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro reúnense para facer algo cada vez máis infrecuente: falar con calma. O que comeza como unha conversa privada entre eles, deses que se teñen habitualmente tras unha porta ou nun café, convértese no núcleo deste podcast. Non se trata de resumir titulares, senón de escavar no que hai detrás deles, no que se di a media voz e, sobre todo, no que se cala. O obxectivo é tan claro como modesto: conectar cun público que vai máis alá das etiquetas xeracionais, con xente que sente que a información inmediata non é sempre sinónimo de comprensión. Ao escoitar este podcast, atoparás análises pausadas, contexto histórico e moitas conxecturas informadas sobre o que realmente está a pasar e o que podería vir despois. É unha invitación a desconectar do ruído para pensar con máis profundidade, aproveitando a experiencia colectiva e as miradas complementarias de catro xornalistas que levan moito tempo observando o mundo. A súa conversa, agora compartida, é un antídoto contra a superficialidade.
Author: Language: Galician Episodes: 100

A actualidade está sobrevalorada
Podcast Episodes
Aquí tamén pasou o que pasou (e o que pasará) [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 42:09
A historia desenvólvese ciclicamente, pero como non nos podemos bañar dúas veces no mesmo río, pensamos que todo son novidades. Non, o que pasa xa pasou, e volverá pasar, ou non. Ou quen sabe. Os nosos catro contertulios…
Porra 28M, Ourense e o resto [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 42:27
Os nosos contertulios habituais, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro tentan conxurar os nervios prevotación da forma habitual nesta politica futbolizada: facendo unha porra. Non lles ad…
Falade galego [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 42:28
Os datos sobre o uso do galego (do idioma) non respectan nin o Día das Letras. Antón Losada, Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro falan de como de negativos son, ou non, e lembran como caeron eles no…
Baltar, Jácome e os golpes ao grande [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 38:36
A Actualidade está sobrevalorada está a estudar trasladarse a Ourense, habida conta de que, como asegura no episodio de hoxe Marta Otero (Mayán), esta é a única cidade onde está a desenvolverse unha campaña electoral cam…
Médicos, pluses, Bolaños e a Guarda Civil [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 40:54
Os médicos que levaban días en folga conseguiron un acordo coa Xunta: a igualación dos pluses: 905€ brutos ao mes todos, traballan só na pública, ou na pública e tamén na privada. E estes –Ana Luísa Bouza, Antón Losada,…
Speedy Baltar e a Beltraneja en Sanjenjo [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 36:51
Manuel Baltar, aka Baltar fillo, demostra unha vez máis que iso do inmobilismo non vai co PP, ou polo menos co PP de Ourense. Vaille máis o automobilismo. Xa sabiamos que os Plans de Vías e Obras das Deputacións era para…
Tractoradas, un bribón que vai ao cárcere e outro a Sanxenxo [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:21
Dous milleiros de gandeiros de carne, coas súas vacas e os seus tractores, ocuparon o centro da cidade de Lugo para protestar polos baixos prezos. A eles páganlles a 5€ o quilo, cando producilo custa 7€ e pico. Como a ce…
Concesionarios avariciosos, borbóns e outras familias rotas [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 42:07
O Emérito ataca outra vez en Sanxenxo, e o único que parece alegrarse é Alfonso Rueda. Incluso o seu fillo (Felipe VI, non o de Rueda) se pon de perfil. O que dá un paso adiante é outro pai, Suso Díaz, para pechar a cand…
Xa é primavera no PSdeG [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:47
Quen somos, de onde vimos, cara onde imos? Os grande interrogantes de sempre agora teñen novos ítems. É o ascenso a ministro un premio, unha promoción, un aparcamento para facer sitio ao que vén detrás?Novatos no cargo q…
Comunismo ou Tamamazo... e Paco Vázquez! [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 38:47
Esta semana Antón Losada, Marta Otero, Xosé Manuel Pereiro e, sobre todo, Ana Luisa Bouza, viviron con intensidade a moción de censura protagonizada por Ramón Tamames.Confundindo se cadra o verde do partido impulsor da m…