As traxedias

As traxedias

Author: Luzes October 31, 2024 Duration: 39:58

A actualidade de fóra, por moi sobrevalorada que estea sempre, neste caso imponse. As riadas de Valencia, que tamén afectaron a Castela-A Mancha e a Andalucía, cobráronse unha cantidade de mortos aínda sen precisar, pero que todo indica que constituirán unha das maiores, se non a máis grande, en vitimas de todas as catástrofes ambientais no Estado. Catástrofe é tamén o asunto Errejón. Catástrofe persoal para el, pero tamén para o seu grupo –ou grupos políticos–. Non está o tamborileiro para gaitas, e o único que nos saca do pozo é o premio das Letras Españolas ao noso codirector, Manuel Rivas, que desde xa nos debe unha paparota.


A actualidade está sobrevalorada, unha proposta da Revista Luzes, é precisamente iso: un espazo para respirar fóra do ritmo afogado das noticias de última hora. Aquí, Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro reúnense para facer algo cada vez máis infrecuente: falar con calma. O que comeza como unha conversa privada entre eles, deses que se teñen habitualmente tras unha porta ou nun café, convértese no núcleo deste podcast. Non se trata de resumir titulares, senón de escavar no que hai detrás deles, no que se di a media voz e, sobre todo, no que se cala. O obxectivo é tan claro como modesto: conectar cun público que vai máis alá das etiquetas xeracionais, con xente que sente que a información inmediata non é sempre sinónimo de comprensión. Ao escoitar este podcast, atoparás análises pausadas, contexto histórico e moitas conxecturas informadas sobre o que realmente está a pasar e o que podería vir despois. É unha invitación a desconectar do ruído para pensar con máis profundidade, aproveitando a experiencia colectiva e as miradas complementarias de catro xornalistas que levan moito tempo observando o mundo. A súa conversa, agora compartida, é un antídoto contra a superficialidade.
Author: Language: Galician Episodes: 100

A actualidade está sobrevalorada
Podcast Episodes
A Galicia que non funciona e un tal Alberto [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 41:08
Esta semana o noso equipo opinador de garda, Antón Losada, Ana Luisa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro atende sen retraso e pasan unha ITV a Galicia para ver se funciona. Spoiler: sae mal. Porque pensabamos…
A nova axenda feminista e o retraso ferroviario de sempre [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 43:38
Este 8 de marzo reflectirá un feminismo consolidado, e máis ou menos libre do bombardeo mediático ao que estaba sometido cando estaba pilotado por Podemos. Ou polo menos iso é o que consideran os nosos podcasteiros Ana L…
Rueda, Besteiro, Ábalos e outros líos [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 46:39
Comezará Alfonso Rueda a executar esas 872 medidas que prometeu se ganaba, ou empezará por executar os membros do seu -agora si- goberno? Sobre quen non teñen dúbidas Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xo…
A análise definitiva do 18F [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 42:49
Quen ganou? Quen perdeu? Alguén empatou? Se non ten claros os resultados, máis aló dos números, do 18F, este podcast de servizo público xa llo aclara. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereir…
Feijóo, ETA e outras cousas de votar [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 41:20
As eleccións galegas sempre son unha cousa rara. Nestas do domingo que vén, por exemplo, o candidato real á reelección polo PP, Alfonso Rueda, está como metido na cama polo seu propio partido, e no seu lugar parece que s…
Debates, tractores e zorras [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 42:02
Colea o #DebateTVG? Colea, para desgusto duns e alegría doutros. Se queren saber que e de quen, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro contaranlles como lles parece que lles foi a cada un.…
Arrinca a campaña! [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 57:47
Nunha proba máis da estatalización da campaña, A Actualidad está Sobrevalorada canta en español! Ben, o equipo tertuliano habitual –Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro– non, pero si o f…
Todo o que querías saber sobre a enquisa do CIS [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 41:04
Sabías que o 41% do electorado do PP son xubilados ou pensionistas? Que o 5% decláranse só galegos? Que o BNG é a súa segunda opción de voto? E que ten maior nivel de confianza <strong>Ana Pontón</strong> que <strong>Alf…
Todo o que entra, sae [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:27
Todo o que contamina é tóxico? E viceversa? Todo o que entra, sae?, tal e como asegura o conselleiro mariño e experto dixestivo Alfonso Villares? E todo o que entra na rede é peixe? Ana Luísa Bouza Santiago, Antón Losada…
Pitos, frautas, glamour e Vicente del Bosque [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 32:41
Que ten que ver Vicente del Bosque coas eleccións galegas? Que pasa cos pitos en Galicia, que hai que importalos de Portugal? Era legal ou ilegal? Alfonso Rueda ten glamour ou non e a quen lle importa? E falando de elecc…