Madrid pon orde en Ourense

Madrid pon orde en Ourense

Author: Luzes June 11, 2025 Duration: 36:19

O que non conseguira Xénova (a rúa) cos Baltar, parece que o vai conseguir un grupúsculo de retórica comunista e ideas de estrema dereita que apareceron, procedentes de Madrid polo barrio ourensán d'O Vinteún para anunciarlles aos veciños preocupados pola inseguridade cidadá que a única xustiza que existe é a que hai nun bate de béisbol (na parte contraria á que se agarra en concreto). Non sabemos que opinará o alcalde González Jácome desta intromisión no seu territorio.Polo demais, aínda non se extinguiron os aplausos ao exconselleiro do Mar, Alfonso Villares o Aclamado, e o presidente Rueda xa lle contestou a oposición en sede parlamentaria que a culpa de todo téñena en Madrid (os que gobernan o Estado alí, enténdase). Finalmente, Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro concordan en que unha facultade de Medicina para Galicia é pouco (en Andalucía hai seis) e oes, se non queren crear outra na Coruña, pois que a poñan en...


A actualidade está sobrevalorada, unha proposta da Revista Luzes, é precisamente iso: un espazo para respirar fóra do ritmo afogado das noticias de última hora. Aquí, Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro reúnense para facer algo cada vez máis infrecuente: falar con calma. O que comeza como unha conversa privada entre eles, deses que se teñen habitualmente tras unha porta ou nun café, convértese no núcleo deste podcast. Non se trata de resumir titulares, senón de escavar no que hai detrás deles, no que se di a media voz e, sobre todo, no que se cala. O obxectivo é tan claro como modesto: conectar cun público que vai máis alá das etiquetas xeracionais, con xente que sente que a información inmediata non é sempre sinónimo de comprensión. Ao escoitar este podcast, atoparás análises pausadas, contexto histórico e moitas conxecturas informadas sobre o que realmente está a pasar e o que podería vir despois. É unha invitación a desconectar do ruído para pensar con máis profundidade, aproveitando a experiencia colectiva e as miradas complementarias de catro xornalistas que levan moito tempo observando o mundo. A súa conversa, agora compartida, é un antídoto contra a superficialidade.
Author: Language: Galician Episodes: 50

A actualidade está sobrevalorada
Podcast Episodes
Remataron a Asemblea e o Congreso, queda Jácome [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 43:20
Contra o prognóstico dos diarios de referencia, o BNG saiu indenme e radiante da súa XVIII Asemblea, con Ana Pontón tan pimpante como portavoz, e o PSdeG foi a excursión a Sevilla e non só non perdeu unha silla, senón qu…
Un veredicto, unha conselleira, unha asemblea [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:22
A deliberación máis extensa dun xurado deu froito por fin, e a nós –e a todo o mundo– nos pillou en finde, pero iso non impide que Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro debullen o resulta…
Luces en Vigo, sombras en Muface e no PPdeG [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 48:13
Vigo inaugurou o Nadal no planeta e máis alá co encendido das luces. É bo ou malo para a veciñanza? Para o alcalde Abel Caballero, desde logo, é inmellorable. Os que están máis a escuras son os afiliados a Muface, os fun…
Feijoo non vai ao Parlamento, pero queda en Twitter [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 43:31
Unha semana máis o mundo non deixa de sorprender a Antón Losada, Ana Luisa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, o que fala bastante da súa capacidade para o asombro, porque hai cousas que son máis predecibles…
Trump, lodos e bulos [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:18
O lodo non só está a cubrir rúas e casas en Valencia. Tamén cimenta carreiras políticas, en todas partes. Por exemplo nos Estados Unidos de Norteamérica, onde Donald Trump un candidato que renega da democracia liberal qu…
As traxedias [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:58
A actualidade de fóra, por moi sobrevalorada que estea sempre, neste caso imponse. As riadas de Valencia, que tamén afectaron a Castela-A Mancha e a Andalucía, cobráronse unha cantidade de mortos aínda sen precisar, pero…
Botamos de menos 'El Caso' [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:23
Pois si, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro conversaron sobre como vai transcorrendo a vista oral pola morte de Samuel Luiz, e a súa repercusión en medios e redes, e chegaron á conclus…
Falade galego (pero sen molestar) [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 37:27
A ver. O número de galegofalantes diminúe como o cash dun mileurista, pero o problema «está aí fóra», segundo Alfonso Rueda. Como acontece co resto dos problemas reais, a Xunta non ten nada que ver. Da administración aut…
Cartos e hostias [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 36:11
Alfonso Rueda decidiu aforrar. Aforrar a súa exposición pública no Parlamento, cando menos, e substituír o tradicional debate do estado da autonomía por unha comparecencia na que vai contar que fai cos cartos. 1x2, ao co…
Volvemos, pero non en tren [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 37:11
Primeiro había que usar o tren a toda máquina, porque era máis racional e ecolóxico, e por iso daban os billetes de balde. Agora resulta que viaxamos en ferrocarril por riba das nosas posibilidades, e moi por riba das no…