Non é país para trens (nin para preguntas)

Non é país para trens (nin para preguntas)

Author: Luzes May 25, 2024 Duration: 26:50

Como era de temer desde que se comezou a falar do porto exterior erradamente chamado da Coruña, os cartos que custou facelo vannos ter que pagar os coruñeses, en cómodos prazos de terreos portuarios públicos. Todo iso despois de crearse mesas que elaborarán estudos e comisións que elevarán informes, o que fará que a débeda non baixe, pero o persoal e os periodistas estean máis entretidos, polo menos Marta Otero Mayán  que anda nesas cousas, e Xosé Manuel Pereiro,que xa o via vir hai tempo. Ou iso supoñemos, porque nas comparecencias públicas non houbo prefuntas, ou máis axeitadamente, non houbo respostas, porque preguntas si que debería haber algunha que outra.

Exactamente igual que as comunicacións por tren, que ían ser rápidas, pero o famoso Avril chegará remolcado en Agosto, e o propio Alfonso Rueda, segundo lembrou Ana Luísa Bouza, foi a Lisboa a pedirlle ao Goberno Central (de España) que meta os cartos todos na conexión Vigo-Lisboa, e a rede ferroviaria interior xa se verá pa cuando. Mentres, Antón Losada foi desprazado a Barcelona para comprobar que os trens de proximidade de alí (Rodalies) haber hainos, pero en cuestión de puntualiadade e horarios, como se non os houbese.

A actualidade está sobrevalorada, unha proposta da Revista Luzes, é precisamente iso: un espazo para respirar fóra do ritmo afogado das noticias de última hora. Aquí, Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro reúnense para facer algo cada vez máis infrecuente: falar con calma. O que comeza como unha conversa privada entre eles, deses que se teñen habitualmente tras unha porta ou nun café, convértese no núcleo deste podcast. Non se trata de resumir titulares, senón de escavar no que hai detrás deles, no que se di a media voz e, sobre todo, no que se cala. O obxectivo é tan claro como modesto: conectar cun público que vai máis alá das etiquetas xeracionais, con xente que sente que a información inmediata non é sempre sinónimo de comprensión. Ao escoitar este podcast, atoparás análises pausadas, contexto histórico e moitas conxecturas informadas sobre o que realmente está a pasar e o que podería vir despois. É unha invitación a desconectar do ruído para pensar con máis profundidade, aproveitando a experiencia colectiva e as miradas complementarias de catro xornalistas que levan moito tempo observando o mundo. A súa conversa, agora compartida, é un antídoto contra a superficialidade.
Author: Language: Galician Episodes: 50

A actualidade está sobrevalorada
Podcast Episodes
Altri, Alcoa e outras formas de aparvar [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 40:11
Como se pretende instalar Altri na Ulloa ou como quere ficar Alcoa na Mariña? As dúas multinacionais e os seus socios locais usan a mesma táctica, aparvarnos a ver se cansamos. Esa é a teoría que manexan Ana Luísa Bouza,…
Remataron a Asemblea e o Congreso, queda Jácome [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 43:20
Contra o prognóstico dos diarios de referencia, o BNG saiu indenme e radiante da súa XVIII Asemblea, con Ana Pontón tan pimpante como portavoz, e o PSdeG foi a excursión a Sevilla e non só non perdeu unha silla, senón qu…
Un veredicto, unha conselleira, unha asemblea [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:22
A deliberación máis extensa dun xurado deu froito por fin, e a nós –e a todo o mundo– nos pillou en finde, pero iso non impide que Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro debullen o resulta…
Luces en Vigo, sombras en Muface e no PPdeG [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 48:13
Vigo inaugurou o Nadal no planeta e máis alá co encendido das luces. É bo ou malo para a veciñanza? Para o alcalde Abel Caballero, desde logo, é inmellorable. Os que están máis a escuras son os afiliados a Muface, os fun…
Feijoo non vai ao Parlamento, pero queda en Twitter [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 43:31
Unha semana máis o mundo non deixa de sorprender a Antón Losada, Ana Luisa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, o que fala bastante da súa capacidade para o asombro, porque hai cousas que son máis predecibles…
Trump, lodos e bulos [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:18
O lodo non só está a cubrir rúas e casas en Valencia. Tamén cimenta carreiras políticas, en todas partes. Por exemplo nos Estados Unidos de Norteamérica, onde Donald Trump un candidato que renega da democracia liberal qu…
As traxedias [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:58
A actualidade de fóra, por moi sobrevalorada que estea sempre, neste caso imponse. As riadas de Valencia, que tamén afectaron a Castela-A Mancha e a Andalucía, cobráronse unha cantidade de mortos aínda sen precisar, pero…
Botamos de menos 'El Caso' [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:23
Pois si, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro conversaron sobre como vai transcorrendo a vista oral pola morte de Samuel Luiz, e a súa repercusión en medios e redes, e chegaron á conclus…
Falade galego (pero sen molestar) [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 37:27
A ver. O número de galegofalantes diminúe como o cash dun mileurista, pero o problema «está aí fóra», segundo Alfonso Rueda. Como acontece co resto dos problemas reais, a Xunta non ten nada que ver. Da administración aut…
Cartos e hostias [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 36:11
Alfonso Rueda decidiu aforrar. Aforrar a súa exposición pública no Parlamento, cando menos, e substituír o tradicional debate do estado da autonomía por unha comparecencia na que vai contar que fai cos cartos. 1x2, ao co…