Os conselleiros, ai os conselleiros!

Os conselleiros, ai os conselleiros!

Author: Luzes June 5, 2025 Duration: 46:06

Non foi unha semana fina para a nosa clase dirixente. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, dimite (entre aplausos!) ao ser notificado que está investigado por agresión sexual. E a Xunta fai un fiscal-xeral-do-estado ao revelar presuntamente a identidade da denunciante. E o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, líase na explicación dunha circular aos institutos sobre como manter a neutralidade ideolóxica en asuntos como Gaza ou Ucraína, poñendo como exemplo as patacas. Da o mesmo acompañar usar como gornición as fritidas como as cocidas (aínda que un nutricionista ou un cardiólogo non opinarían o mesmo) que estar a favor de Israel ou da poboación masacrada de Gaza, ou –o exemplo é tamén do conselleiro– poñer nas aulas as bandeiras de Ucraína ou de Rusia (solución: non se debe poñer ningunha).

Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Vázquez Hermida e Xosé Manuel Pereiro aseguran que farán o esforzo de aprenderse os nomes de todos os membros do Consello da Xunta, dada a importancia política de todos eles, que ata o momento descoñecían.


A actualidade está sobrevalorada, unha proposta da Revista Luzes, é precisamente iso: un espazo para respirar fóra do ritmo afogado das noticias de última hora. Aquí, Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro reúnense para facer algo cada vez máis infrecuente: falar con calma. O que comeza como unha conversa privada entre eles, deses que se teñen habitualmente tras unha porta ou nun café, convértese no núcleo deste podcast. Non se trata de resumir titulares, senón de escavar no que hai detrás deles, no que se di a media voz e, sobre todo, no que se cala. O obxectivo é tan claro como modesto: conectar cun público que vai máis alá das etiquetas xeracionais, con xente que sente que a información inmediata non é sempre sinónimo de comprensión. Ao escoitar este podcast, atoparás análises pausadas, contexto histórico e moitas conxecturas informadas sobre o que realmente está a pasar e o que podería vir despois. É unha invitación a desconectar do ruído para pensar con máis profundidade, aproveitando a experiencia colectiva e as miradas complementarias de catro xornalistas que levan moito tempo observando o mundo. A súa conversa, agora compartida, é un antídoto contra a superficialidade.
Author: Language: Galician Episodes: 50

A actualidade está sobrevalorada
Podcast Episodes
Os enganados de Palas de Rei e as cartas aurienses [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 45:24
Tiña ou non tiña razón aquel que dixo que se podía enganar moito tempo a algunha xente, e a moita xente por un tempo, pero a toda a xente todo o tempo? É aplicable o dito á xente de Galicia, e en concreto a quen acudiu a…
Non é país para trens (nin para preguntas) [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 26:50
Como era de temer desde que se comezou a falar do porto exterior erradamente chamado da Coruña, os cartos que custou facelo vannos ter que pagar os coruñeses, en cómodos prazos de terreos portuarios públicos. Todo iso de…
Marta, ven en tren! [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 38:04
Marta Otero Mayán, como Escarlata O’Hara, xurouse a si mesma que nunca madrugaría por home ningún. Pois rompeu a promesa a semana pasada, certo é que por un homazo de altura –cando menos física– como o ministro Óscar Pue…
Que contas as do Consello de contas [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:21
Vd sabe en que se gastan os cartos na sanidade pública? Ou por que din que é máis eficiente desviar pacientes á sanidade concertada? Non haxa pena. Nin o sabe vostede, nin Ana Luísa Bouza, nin Marta Otero Mayán, nin Xosé…
Quo Vadebas, Pedro? (Era isto?) [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 48:01
Quo vadis, Pedro? Preguntabámanos no anterior episodio deste podcast. Era unha pregunta retórica. Ben sabiamos que a cousa acabaría nunha declaración –non rolda de prensa– na porta da Moncloa, como se pode comprobar pola…
Quo Vadis, Pedro? [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 43:21
Segundo a lenda cristiá, o apóstolo Simón Pedro, o mariñeiro, cando se fugaba de Roma para salvar a vida, atopouse co xefe, e preguntoulle Quo Vadis? «Onde vas?» (xa se debera de esquecer de falar arameo). Aquí é a socie…
Os Pokémons, TikTok e a que se vai cabreada [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 46:57
Xa temos goberno! E o que é máis importante: xa levan camiño de influencers! E por se fose pouco xa lles coñecemos os caretos, que non é cousa menor con eses apelidos de non destacar que teñen practicamente todos e todas…
Vodas, investiduras e bautizos (e Ferrol) [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 43:23
Alfonso Rueda por fin atopou un oco na axenda para investirse como presidente, e esta semana pasou o trámite de facer no Parlamento a súa oferta de goberno. En que consiste? Pois en crear unha dirección xeral para compro…
Catro vodas et Altri [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:54
Que lle regalará Alfonso Rueda, o presidente en suspensión da Xunta de Galicia, ao alcalde madrileño, José Luis Martínez Almeida, polo seu enlace matrimonial? Mentres Marta Otero Mayán –que xa lle botou un ollo á lista d…
Altri, vodas e bautizos [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 44:56
Nos dous anos que leva a proposta roldando polos despachos, a Xunta xa sabía que o proxecto de Altri era un calote en forma de macrocelulosa, e deixou pasar, ou non sabía nada. Visto doutra forma: foi cousa de malicia ou…