Os enganados de Palas de Rei e as cartas aurienses

Os enganados de Palas de Rei e as cartas aurienses

Author: Luzes May 31, 2024 Duration: 45:24

Tiña ou non tiña razón aquel que dixo que se podía enganar moito tempo a algunha xente, e a moita xente por un tempo, pero a toda a xente todo o tempo? É aplicable o dito á xente de Galicia, e en concreto a quen acudiu a manifestación contra Altri en Palas de Rei? 20.000 personas son moitas en Madrid e poucas en Palas? Debates cuánticos nos que se ensarillan, como é habitual cada semana, Ana Luísa Bouza (na central de datos), Antón Losada (que está corrixindo exames), Marta Otero Mayán (que está a facer a mochila) e Xosé Manuel Pereiro (sus labores).

Nesta ocasión, a maiores de discutir que tal o fai Alfonso Rueda como comercial de Altri, os nosos lingoreteiros e lingoreteiras analizan outro informe do Consello de Contas, descobren que está cheo de bolxeviques escollidos polo Parlamento -si, o que preside Santalices- única explicación posible a que saquen a conclusión de que a Xunta calcula mal o que lle custan os servizos que ten que dar á cidadanía.

E para rematar, ofrecemos minuto e resultado das cartas que se cruzan en Ourense o alcalde Jácome e os seus aliados/opositores.

Imposible dar máis.


A actualidade está sobrevalorada, unha proposta da Revista Luzes, é precisamente iso: un espazo para respirar fóra do ritmo afogado das noticias de última hora. Aquí, Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro reúnense para facer algo cada vez máis infrecuente: falar con calma. O que comeza como unha conversa privada entre eles, deses que se teñen habitualmente tras unha porta ou nun café, convértese no núcleo deste podcast. Non se trata de resumir titulares, senón de escavar no que hai detrás deles, no que se di a media voz e, sobre todo, no que se cala. O obxectivo é tan claro como modesto: conectar cun público que vai máis alá das etiquetas xeracionais, con xente que sente que a información inmediata non é sempre sinónimo de comprensión. Ao escoitar este podcast, atoparás análises pausadas, contexto histórico e moitas conxecturas informadas sobre o que realmente está a pasar e o que podería vir despois. É unha invitación a desconectar do ruído para pensar con máis profundidade, aproveitando a experiencia colectiva e as miradas complementarias de catro xornalistas que levan moito tempo observando o mundo. A súa conversa, agora compartida, é un antídoto contra a superficialidade.
Author: Language: Galician Episodes: 50

A actualidade está sobrevalorada
Podcast Episodes
Altri, Alcoa e outras formas de aparvar [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 40:11
Como se pretende instalar Altri na Ulloa ou como quere ficar Alcoa na Mariña? As dúas multinacionais e os seus socios locais usan a mesma táctica, aparvarnos a ver se cansamos. Esa é a teoría que manexan Ana Luísa Bouza,…
Remataron a Asemblea e o Congreso, queda Jácome [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 43:20
Contra o prognóstico dos diarios de referencia, o BNG saiu indenme e radiante da súa XVIII Asemblea, con Ana Pontón tan pimpante como portavoz, e o PSdeG foi a excursión a Sevilla e non só non perdeu unha silla, senón qu…
Un veredicto, unha conselleira, unha asemblea [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:22
A deliberación máis extensa dun xurado deu froito por fin, e a nós –e a todo o mundo– nos pillou en finde, pero iso non impide que Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro debullen o resulta…
Luces en Vigo, sombras en Muface e no PPdeG [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 48:13
Vigo inaugurou o Nadal no planeta e máis alá co encendido das luces. É bo ou malo para a veciñanza? Para o alcalde Abel Caballero, desde logo, é inmellorable. Os que están máis a escuras son os afiliados a Muface, os fun…
Feijoo non vai ao Parlamento, pero queda en Twitter [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 43:31
Unha semana máis o mundo non deixa de sorprender a Antón Losada, Ana Luisa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, o que fala bastante da súa capacidade para o asombro, porque hai cousas que son máis predecibles…
Trump, lodos e bulos [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:18
O lodo non só está a cubrir rúas e casas en Valencia. Tamén cimenta carreiras políticas, en todas partes. Por exemplo nos Estados Unidos de Norteamérica, onde Donald Trump un candidato que renega da democracia liberal qu…
As traxedias [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:58
A actualidade de fóra, por moi sobrevalorada que estea sempre, neste caso imponse. As riadas de Valencia, que tamén afectaron a Castela-A Mancha e a Andalucía, cobráronse unha cantidade de mortos aínda sen precisar, pero…
Botamos de menos 'El Caso' [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:23
Pois si, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro conversaron sobre como vai transcorrendo a vista oral pola morte de Samuel Luiz, e a súa repercusión en medios e redes, e chegaron á conclus…
Falade galego (pero sen molestar) [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 37:27
A ver. O número de galegofalantes diminúe como o cash dun mileurista, pero o problema «está aí fóra», segundo Alfonso Rueda. Como acontece co resto dos problemas reais, a Xunta non ten nada que ver. Da administración aut…
Cartos e hostias [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 36:11
Alfonso Rueda decidiu aforrar. Aforrar a súa exposición pública no Parlamento, cando menos, e substituír o tradicional debate do estado da autonomía por unha comparecencia na que vai contar que fai cos cartos. 1x2, ao co…