Pisados e separados

Pisados e separados

Author: Luzes December 8, 2023 Duration: 39:28
Que é o que máis lle gusta máis a un periodista farto de titular con declaracións? Un informe con datos. Un informe do que sacar conclusións políticas, por suposto. Como o informe Pisa sobre as competencias da rapazada no ensino. Uns datos que o mesmo serven para sacar peito pola bondade da nosa política educativa como que lamentarse a fondo polas consecuencias das nefastas medidas dos demais, por moito que os expertos digan que a cousa non é así. Explícao alto e claro Antón Losada, e Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro dánlle a razón, porque se a ten, hailla que dar. Neste episodio, que non é do Reis nin sequera o de Nadal, tamén se fala do divorcio cantada entre o Sumar de Yolanda Díaz e o Podemos de Iglesias Montero-Belarra, e de como pode afectar ao resultado das eleccións galegas. A conclusión é que Alfonso Rueda, un home normalmente circunspecto, anda a aplaudir coas orellas.

A actualidade está sobrevalorada, unha proposta da Revista Luzes, é precisamente iso: un espazo para respirar fóra do ritmo afogado das noticias de última hora. Aquí, Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro reúnense para facer algo cada vez máis infrecuente: falar con calma. O que comeza como unha conversa privada entre eles, deses que se teñen habitualmente tras unha porta ou nun café, convértese no núcleo deste podcast. Non se trata de resumir titulares, senón de escavar no que hai detrás deles, no que se di a media voz e, sobre todo, no que se cala. O obxectivo é tan claro como modesto: conectar cun público que vai máis alá das etiquetas xeracionais, con xente que sente que a información inmediata non é sempre sinónimo de comprensión. Ao escoitar este podcast, atoparás análises pausadas, contexto histórico e moitas conxecturas informadas sobre o que realmente está a pasar e o que podería vir despois. É unha invitación a desconectar do ruído para pensar con máis profundidade, aproveitando a experiencia colectiva e as miradas complementarias de catro xornalistas que levan moito tempo observando o mundo. A súa conversa, agora compartida, é un antídoto contra a superficialidade.
Author: Language: Galician Episodes: 100

A actualidade está sobrevalorada
Podcast Episodes
Cambio no santoral: entra Lucas por Ratzinger [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 37:38
O cambio de ano trouxo un intenso trafego de idas e vidas. Pelé e Bieito XVI foron xogar a outra liga, fichados por San Pedro, e veu –ao Deportivo– Lucas Pérez. O noso equipo conversacional habitual –Ana Luísa Bouza, Ant…
2022. O mellor, o peor e o aínda peor: a web de RENFE [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 37:45
2022? Que 2022? Que foi o mellor dese ano, se é que tal cousa houbo? E o peor? (a maiores da web de Renfe). E que pasou que tanto nos ten que pasara ou non? Reflexionemos todos e todas, e se non lles presta, para iso est…
15.000 insolidarios e un multimillonario [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 36:53
Renfe detecta que hai 15.000 cidadáns –por chamarlles algo– que reservan viaxes gratuítos en tren, que logo non fan. Moitos?, poucos? Pois o 20% do total de usuarios, cando a media no Estado é dun 3 ou 4%. Parece ser que…
Galicia intelixente, maltratador á fuga e fachas street boys. [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 40:28
A Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) terá a súa sede na Coruña, en concreto no Edificio A Terraza. Os nosos falantes (dous deles acatarrados), Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero May…
100 anos de Fraga, 30 do "Mar Exeo" e 2 días de cultura da violación [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 42:06
Cando nos espertamos o dinasauro… non, non estaba alí, pero nós seguimos falando del. Do centenario que Fraga celebraría estes días, no que tamén acontece o seu 10º cabodano e o 20 aniversario do Prestige. Manuel Fraga I…
Culpas repartidas: pacientes e vítimas [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 41:08
«A sanidade madrileña está mal? Pois a nosa non se pode quedar atrás!» parece ser a consigna das nosas autoridades. Centros de saúde sen pediatra («non quedabamos en que había poucos nenos?»), e o Colexio Médico de Ponte…
Corcubión, mon amour [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 43:47
Con Pereiro por Bruxelas a conta do Prestige tocou facer repaso, como pantasmas das catástrofes pasadas, e repartir barcos cheos de chapapote e industrias merdeiras polas rías galegas. Ademais houbo tempo para avaliar a…
Prestige e o Correo, naufraxios galegos [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 41:49
Os naufraxios, xa sexan reais coma o do Prestige ou figurados coma o do Correo Gallego, teñen consecuencias impredecibles. Poden ser a aparición dun porto que presuntamente vai ser a solución como porto refuxio ou, tamén…
O seu Alberto e Donato: falsas apariencias [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 38:41
A actualidadade está sobrevalorada cabalga outra vez! E agora, os catro xinetes da Apocalipse son realmente catro. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Xosé Manuel Pereiro e… Marta Otero Mayán! Desta volta, o podcast está cent…

«1...678910