️ Día Mundial da Radio en Radio Estrada

️ Día Mundial da Radio en Radio Estrada

Author: RadioEstrada February 13, 2026 Duration: 44:32
Hoxe celebramos o que somos. Celebramos a radio de proximidade, a que fala da casa, a que conta o que pasa en A Estrada e na nosa comarca co nome e apelidos da xente. Neste informativo especial repasamos a actualidade do día: Suspendido o Entroido en Couso e Santa Cristina de Vea. Homenaxe ao Padre Xiao no Museo do Moble e da Madeira. Remiten os vertidos no Matadoiro tras as actuacións municipais. Cruce de acusacións políticas polo SAF, o lixo e o conflito en GESECO. O alcalde percorre o rural para avaliar os danos do mal tempo. “360 Curvas” chega aos Minicines Central coa memoria das mobilizacións da Fonsagrada. Mañá, 39 Festa das Mulleres. En comarcas, Cuntis recoñece a traxectoria de Casa Chedas e Boqueixón inviste máis de 400.000 euros en saneamento rural. E en deportes, previa da fin de semana e atención posta en Eva Gil, única representante estradense no Campionato de Galicia absoluto en pista cuberta en Ourense. Información útil, inmediata e de aquí. Porque o que pasa na Estrada… pasa por esta antena. Feliz Día da Radio e grazas por estar ao outro lado.

Actualidade Mediodía é o punto de encontro sonoro coa vida da Estrada e a súa contorna. Cada día, os micrófonos de RadioEstrada capturan o pulso do que realmente importa na comarca, ofrecendo un resumo completo e próximo do mediodía. Este podcast é a conversa necesaria para quen quere estar ao día, alén das grandes titulacións, mergullándose no detalle local. Aquí escóitase a análise da política do concello, as últimas novidades culturais, os feitos deportivos, os avisos sobre servizos, a previsión do tempo e esas historias de sociedade que definen o día a día. Non se trata só de informar, senón de contextualizar cun rigor e unha proximidade que só un medio arraigado pode ofrecer. A voz propia de RadioEstrada narra con coñecemento, contando as novas dende dentro e para a xente de aquí. É o espazo onde a actualidade se filtra a escala humana, garantindo que ningún acontecemento relevante quede fóra do foco. Se o que pasa na Estrada che importa, este é o teu resgate esencial. A información máis próxima, a que se vive nas rúas e nas conversas, pasa por aquí para chegar a ti nun formato claro e directo. Actualidade Mediodía é, en definitiva, a crónica viva e indispensable da comarca.
Author: Language: Galician Episodes: 100

Actualidade Mediodía
Podcast Episodes
Informativos Radio Estrada [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 33:04
Repasamos unha xornada marcada pola tranquilidade en Emerxencias A Estrada tras unha tarde previa con incidencias destacadas. Celebramos tamén o 19º aniversario de AEstradaDixital e coñecemos os avances do 4º Ciclo do Se…
É de mañá con Neves Rodríguez [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 1:41:54
Neste xoves no que Christine fixo acto de presencia nós ficamos ao quente coa compaña da radio de proximidade. No É de mañá levantamos a persiana e o primeiro que vimos foi o Mosteiro de Carboeiro en Silleda que por fin…
Informativos Radio Estrada. [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 29:38
No episodio de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da comarca nunha xornada marcada polos efectos do mal tempo. O alcalde visita varias parroquias rurais para avaliar os danos, mentres o Concello reúne no MOME ás a…
É de mañá con Neves Rodríguez [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 1:41:54
Neste xoves no que recibimos a visita da borrasca Christine ficamos ao quente no É de mañá gozando da radio de proximidade. Levantamos a persiana en Silleda para falar coa súa alcaldesa Paula Fernández da devolución de d…
Informativos Radio Estrada [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 30:15
No informativo de hoxe repasamos unha xornada marcada polos efectos do temporal no municipio da Estrada. Emerxencias A Estrada e os Bombeiros de Silleda interviñeron na rúa Ulla ante o risco de desprendemento dunha chapa…
É de mañá con Neves Rodríguez [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 1:22:42
Hoxe no é de mañá no Está Falado!, Lois Alcalde Dans achegounos a realidade que se está a vivir na administración de Xustiza á volta do galego? Por qué non se usa? En que situación estamos? Que nos queda por percorrer?.…
Informativos Radio Estrada [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 28:40
Un novo episodio do noso informativo chega marcado pola actualidade máis inmediata na comarca. Abrimos coa última hora do accidente múltiple na AP‑9, no que resultaron feridos os deputados do PPdeG Gonzalo Trenor e Rober…
É de mañá con Neves Rodríguez [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 10:50
Hoxe martes 27 de xaneiro o É de mañá levanta a persiana falando con Verónica Rodríguez, a nosa psicológa, das situacións que se crean á volta das emerxencias e das situacións de alerta. Como reaccionamos? O noso medo é…
Informativos Radio Estrada. Alerta Vermella. [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 41:00
No informativo de hoxe repasamos a situación de aviso vermello por choivas no interior de Pontevedra, que deixa desaloxos en Cuntis e a suspensión das clases na Estrada. O Concello estradense pide tamén colaboración veci…
Informativos Radio Estrada [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 40:07
A Estrada afronta unha xornada marcada pola alerta laranxa por neve, coa maquinaria e o sal xa preparados para garantir a seguridade viaria. No ámbito cultural, o Concello presentou esta mañá o programa do Entroido 2026,…