Hoxe na Estrada… abrimos cunha viaxe ao pasado.

Hoxe na Estrada… abrimos cunha viaxe ao pasado.

Author: RadioEstrada December 18, 2025 Duration: 26:32
O Castro de Barbude recibiu visita institucional, e este sábado, ti tamén podes achegarte antes de que as escavacións se cubran de novo. Na actualidade política, o BNG critica a retirada de contedores no rural e fala de desigualdade para as parroquias. E o PSOE alerta de atrasos nas obras da praza da Farola, pedindo explicacións polo impacto no comercio. En clave positiva, este sábado celebramos o encontro das tres Negreira de Galicia, con Negreira, Santa Comba e A Estrada compartindo irmandade. E atención á axenda cultural: hoxe concerto da Escola da Banda Municipal, e durante a fin de semana… corais en escena! E pechamos a ritmo deportivo: San Silvestre en BTT e carreira popular para despedir o ano en movemento. Xa sabes… O que pasa na Estrada, pasa por aquí

Actualidade Mediodía é o punto de encontro sonoro coa vida da Estrada e a súa contorna. Cada día, os micrófonos de RadioEstrada capturan o pulso do que realmente importa na comarca, ofrecendo un resumo completo e próximo do mediodía. Este podcast é a conversa necesaria para quen quere estar ao día, alén das grandes titulacións, mergullándose no detalle local. Aquí escóitase a análise da política do concello, as últimas novidades culturais, os feitos deportivos, os avisos sobre servizos, a previsión do tempo e esas historias de sociedade que definen o día a día. Non se trata só de informar, senón de contextualizar cun rigor e unha proximidade que só un medio arraigado pode ofrecer. A voz propia de RadioEstrada narra con coñecemento, contando as novas dende dentro e para a xente de aquí. É o espazo onde a actualidade se filtra a escala humana, garantindo que ningún acontecemento relevante quede fóra do foco. Se o que pasa na Estrada che importa, este é o teu resgate esencial. A información máis próxima, a que se vive nas rúas e nas conversas, pasa por aquí para chegar a ti nun formato claro e directo. Actualidade Mediodía é, en definitiva, a crónica viva e indispensable da comarca.
Author: Language: Galician Episodes: 100

Actualidade Mediodía
Podcast Episodes
Fin de semana intenso no Cultural!! [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 31:37
No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da comarca. Abrimos coa reapertura das rúas afectadas polas obras da Praza da Farola, que volven ao tráfico ás 14:00 horas. Escoitamos ao xefe da Policía Local,…
A Estrada estrea novo photocall na Praza da Constitución [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 28:35
Orgullo educativo coa FP do Losada Diéguez, premiada en Galicia Skills Xa están listas as cartas para os Reis Magos No rural, proxéctanse 50 illas de reciclaxe ♻️ Actualidade política polo polígono de Toedo E nas comarca…
15 Decembro, Actualidade Mediodía. [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 33:07
No informativo de hoxe en Radio Estrada falamos da presentación do Plan de Saúde Local da Estrada 2026–2030, un documento que aposta por reforzar a Atención Primaria e integrar sanidade, servizos sociais e acción comunit…
12 Decembro, Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 31:00
A nova da xornada: O Concello elaborará o proxecto para ampliar a depuradora de Aguións, que xa está ao límite da súa capacidade. E máis servizos. ♻️ A Estrada inicia unha campaña a pé de rúa para repartir as tarxetas do…
11 Decembro, Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 30:11
Hoxe volvemos cunha de motores e coidado para as familias ✨ Motor Clasic & Feira de Antigüidades Volven con máis de 5.600 m² de exposición e moitas ganas ️ Novas marquesiñas O Concello colocou as marquesiñas nos colexios…
10 Decembro, Actualidade Mediodía. [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 30:16
Hoxe traemos unha mensaxe clara: A psicoanalista Jeanette Valiñas alerta do peso das relacións de poder nos presuntos casos de acoso e do impacto emocional nas vítimas. Na Fundación de Exposicións, Manuel Magariños entra…
9 Decembro, Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 28:09
Hoxe traémosche un resumo do que deu de si a xornada na Estrada… Na piscina climatizada estivo Gonzalo Louzao, falando cos participantes do programa Adestra a túa saúde. Son vinte persoas que buscan mellorar saúde e ánim…
5 Decembro, Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 32:19
Hoxe na Estrada acendemos o Nadal ás 19:30, e comezan máis de trinta actividades ata Reis. Na Escola do Seixo inaugurouse a exposición de Manuel Reimóndez Portela, e xa sabemos que Pedro Pastor actuará aquí o 28 de marzo…

«1...678910