Informativo OUrense 8.45 - 11/03/26
Mércores 11 de marzo. No político, a actualidade pasa pola paralización das obras na avenida de Portugal da cidade. O concello notificou á empresa que ten que retomar os traballos, que abandonou por impago, en tres días.A Federación de Anpas implementa un dispositivo antiatragoamento. Non substitúe a actuación tradicional pero pode ser de gran utilidade ante unha emerxencia.A Denominación de Orixe Valdeorras recibiu o premio ao mellor Consello Regulador de España nos premios Verema, outorgados por profesionais do sector e consumidores.Ademais, no tempo da entrevista, falamos co presidente da Asociación de Empresarios Venezolanos en Ourense Lorenzo Gonzalez