Crónica de Galicia 14:10 - 12/03/26


Author: Radio Nacional March 12, 2026 Duration: 19:59
Podcast episode
Crónica de Galicia 14:10 - 12/03/26

O pazo de Meirás é do pobo. O que foi un cántico e reivindicación popular durante anos ven de ser ratificado polo Tribunal Supremo, que avala a decisión da audiencia da Coruña e desbota tódolos recursos. Queda só que a xuiza da Coruña aclare a indemnización á que puideran ter dereito os Franco polos anos que o mantiveron.A lista de agarda para operarse segue medrando, ata os 73 días, e tamén as consultas e probas diagnósticas.A CIG denuncia cunha xornada de folga na atención primaria que o proceso aberto para a mellora deste nivel asistencial é un paripé.AEMET confirma que o inverno foi cálido e moi húmido: choveu un 62% máis do normal. E no tempo hoxe temos unha tregua, antes da volta das chuvias pola noite.

More episodes

Duration: 14:58
Mércores 11 de marzo. No político, a actualidade pasa pola paralización das obras na avenida de Portugal da cidade. O concello notificou á empresa que ten que retomar os traballos, que abandonou por impago, en tres días.A Federación de Anpas implementa un dispositivo antiatragoamento. Non substitúe a actuación tradicional pero pode ser de gran utilidade ante unha emerxencia.A Denominación de Orixe Valdeorras recibiu o premio ao mellor Consello Regulador de España nos premios Verema, outorgados por profesionais do sector e consumidores.Ademais, no tempo da entrevista, falamos co presidente da Asociación de Empresarios Venezolanos en Ourense Lorenzo Gonzalez

Duration: 14:57
A Universidade de SAntiago elixe este mércores á súa primeira reitora nos máis de cincocentos anos de historia. Tamén, Rosa Crujeiras ou Maite Flores converteránse na primeira muller en dirixir unha universidade pública en Galicia. Máis de 28 mil persoas están chamadas a votar na segunda volta dunha eleccións marcadas pola polémica campaña. En 15 minutos abre a votación electrónica, na plataforma habilitada pola USC.-Nove familias denuncian a paralización do servizo que permite que persoas protadoras de enfermidade poidan ter fillos sans mediente reprodución asistida no Hospital de Santiago. A Xunta admite atrasos pola falta de persoal. -O concello de Santiago someterá a consideración os orzamentos municipais para 2026 o próximo 17 de marzo ante a Comisión de Fcenda. Raxoi agarda que PSOE e non adscritos apoien unha contas, que superan os 148 millóns de euros-As manifestacións da CIG a pasada tarde puxeron o colofón ó Día da Clase Obreira galega, que este 10 de marzo volveu ter o seu e…

Duration: 10:01
Tarde de mobilizacións en Galicia. Nuns minutos arrancan en varios puntos as que convoca a CIG neste día da clase obreira galega para lembrar ás vítimas dos disparos da policía franquista a unha manifestación do naval en Ferrol hai xa 54 anos. Hoxe o goberno central condenou a súa actuación desproporcionada.E hai un par de horas tiña lugar en Vigo unha marcha por unha atención primaria digna e de calidade. Enmárcase na folga indefinida que mantén Omega dende a pasada semana.

Logo
Select station
VOL