Informativo A Coruña 8:45 - 11/03/26


Author: Radio Nacional March 11, 2026 Duration: 14:57
Podcast episode
Informativo A Coruña 8:45 - 11/03/26

A Universidade de SAntiago elixe este mércores á súa primeira reitora nos máis de cincocentos anos de historia. Tamén, Rosa Crujeiras ou Maite Flores converteránse na primeira muller en dirixir unha universidade pública en Galicia. Máis de 28 mil persoas están chamadas a votar na segunda volta dunha eleccións marcadas pola polémica campaña. En 15 minutos abre a votación electrónica, na plataforma habilitada pola USC.-Nove familias denuncian a paralización do servizo que permite que persoas protadoras de enfermidade poidan ter fillos sans mediente reprodución asistida no Hospital de Santiago. A Xunta admite atrasos pola falta de persoal. -O concello de Santiago someterá a consideración os orzamentos municipais para 2026 o próximo 17 de marzo ante a Comisión de Fcenda. Raxoi agarda que PSOE e non adscritos apoien unha contas, que superan os 148 millóns de euros-As manifestacións da CIG a pasada tarde puxeron o colofón ó Día da Clase Obreira galega, que este 10 de marzo volveu ter o seu epicentro en Ferrol. Alí mobilizouse tamén Comisións Obreiras e alí tivo lugar a tradicional ofrenda floral diante do monolito que lembra as mortes de Amador e Daniel polos disparos da policía franquista nunha protesta do naval en 1972

More episodes

Duration: 9:54
Cando Emilia Pardo Bazán mandou construir a finais do século XIX o Pazo de Meirás, difícilmente podía imaxinar o litixio que xurdiría anos despois pola propiedade do inmoble. Un pleito entre a familia Franco e o Estado q…

Duration: 19:59
O pazo de Meirás é do pobo. O que foi un cántico e reivindicación popular durante anos ven de ser ratificado polo Tribunal Supremo, que avala a decisión da audiencia da Coruña e desbota tódolos recursos. Queda só que a x…

Duration: 19:58
Imos rematando a semana, a noticia do día saltaba hai pouco con esa decisión do Supremo sobre a propiedade do Pazo de Meirás, a partir das dúas e dez máis detalles sobre esta resolución xudicial. Pero hoxe, con permiso d…

Duration: 14:53
Xoves 12 de marzo, Día Mundial do Ril, data na que actualidade pasa tamén pola Audiencia Provincial, que determinou dous anos de prisión e unha multa de doce millóns de euros para o líder da fábrica clandestina de tabaco…

Duration: 10:00
Rosa Crujeiras, escollida como nova reitora da Universidade de Santiago. Será a primeira muller no cargo nos máis de 500 anos de historia da institución. De seguida escoitamos as súas primeiras verbas tras coñece-la nova…

Duration: 19:50
O conflicto entorno a Altri abriu unha fenda no parlamento galego que ameaza con rachar ata cos pactos máis institucionalizados e antigos do pazo do hórreo. Hoxe a sesión de control volvía evidenciar a distancia entre PP…

Duration: 19:59
Mércores 11 de marzo, data sinalada no almanaque porque desta xornada sairá a primeira muller reitora dunha universidade galega. Ata as seis da tarde o colectivo universitario compostelá pode escoller entre Rosa Crujeira…

Logo
Select station
VOL