Informativo Galicia 19:50 - 10/03/26
Tarde de mobilizacións en Galicia. Nuns minutos arrancan en varios puntos as que convoca a CIG neste día da clase obreira galega para lembrar ás vítimas dos disparos da policía franquista a unha manifestación do naval en Ferrol hai xa 54 anos. Hoxe o goberno central condenou a súa actuación desproporcionada.E hai un par de horas tiña lugar en Vigo unha marcha por unha atención primaria digna e de calidade. Enmárcase na folga indefinida que mantén Omega dende a pasada semana.
More episodes
Informativo OUrense 8.45 - 11/03/26
Mércores 11 de marzo. No político, a actualidade pasa pola paralización das obras na avenida de Portugal da cidade. O concello notificou á empresa que ten que retomar os traballos, que abandonou por impago, en tres días.…
Informativo A Coruña 8:45 - 11/03/26
A Universidade de SAntiago elixe este mércores á súa primeira reitora nos máis de cincocentos anos de historia. Tamén, Rosa Crujeiras ou Maite Flores converteránse na primeira muller en dirixir unha universidade pública…