Informativo Galicia 19:50 - 12/03/26


Author: Radio Nacional March 12, 2026 Duration: 9:54
Podcast episode
Informativo Galicia 19:50 - 12/03/26

Cando Emilia Pardo Bazán mandou construir a finais do século XIX o Pazo de Meirás, difícilmente podía imaxinar o litixio que xurdiría anos despois pola propiedade do inmoble. Un pleito entre a familia Franco e o Estado que remata hoxe, cunha sentenza do Supremo que confirma que o pazo é de titularidade pública. De seguida escoitamos a ledicia de memorialistas e grupos políticos. Polo demais, nesta nova xornada de folga na Atención Primaria, recollemos os preocupantes datos das listas de agarda do Sergas. O ano pasado os galegos esperaron de media 73 días para operarse.Nos deportes, en pouco máis dunha hora comeza o Celta-Olympique de Lyon, marcado polas tensións entre os afeccionados tras unha lea a pasada noite.

More episodes

Duration: 19:59
O pazo de Meirás é do pobo. O que foi un cántico e reivindicación popular durante anos ven de ser ratificado polo Tribunal Supremo, que avala a decisión da audiencia da Coruña e desbota tódolos recursos. Queda só que a x…

Duration: 19:58
Imos rematando a semana, a noticia do día saltaba hai pouco con esa decisión do Supremo sobre a propiedade do Pazo de Meirás, a partir das dúas e dez máis detalles sobre esta resolución xudicial. Pero hoxe, con permiso d…

Duration: 14:53
Xoves 12 de marzo, Día Mundial do Ril, data na que actualidade pasa tamén pola Audiencia Provincial, que determinou dous anos de prisión e unha multa de doce millóns de euros para o líder da fábrica clandestina de tabaco…

Duration: 10:00
Rosa Crujeiras, escollida como nova reitora da Universidade de Santiago. Será a primeira muller no cargo nos máis de 500 anos de historia da institución. De seguida escoitamos as súas primeiras verbas tras coñece-la nova…

Duration: 19:50
O conflicto entorno a Altri abriu unha fenda no parlamento galego que ameaza con rachar ata cos pactos máis institucionalizados e antigos do pazo do hórreo. Hoxe a sesión de control volvía evidenciar a distancia entre PP…

Duration: 19:59
Mércores 11 de marzo, data sinalada no almanaque porque desta xornada sairá a primeira muller reitora dunha universidade galega. Ata as seis da tarde o colectivo universitario compostelá pode escoller entre Rosa Crujeira…

Logo
Select station
VOL