Informativo Galicia 19:50 - 12/03/26
Cando Emilia Pardo Bazán mandou construir a finais do século XIX o Pazo de Meirás, difícilmente podía imaxinar o litixio que xurdiría anos despois pola propiedade do inmoble. Un pleito entre a familia Franco e o Estado que remata hoxe, cunha sentenza do Supremo que confirma que o pazo é de titularidade pública. De seguida escoitamos a ledicia de memorialistas e grupos políticos. Polo demais, nesta nova xornada de folga na Atención Primaria, recollemos os preocupantes datos das listas de agarda do Sergas. O ano pasado os galegos esperaron de media 73 días para operarse.Nos deportes, en pouco máis dunha hora comeza o Celta-Olympique de Lyon, marcado polas tensións entre os afeccionados tras unha lea a pasada noite.