Informativo OUrense 8.45 - 11/03/26
Mércores 11 de marzo. No político, a actualidade pasa pola paralización das obras na avenida de Portugal da cidade. O concello notificou á empresa que ten que retomar os traballos, que abandonou por impago, en tres días.A Federación de Anpas implementa un dispositivo antiatragoamento. Non substitúe a actuación tradicional pero pode ser de gran utilidade ante unha emerxencia.A Denominación de Orixe Valdeorras recibiu o premio ao mellor Consello Regulador de España nos premios Verema, outorgados por profesionais do sector e consumidores.Ademais, no tempo da entrevista, falamos co presidente da Asociación de Empresarios Venezolanos en Ourense Lorenzo Gonzalez
More episodes
Informativo A Coruña 8:45 - 11/03/26
A Universidade de SAntiago elixe este mércores á súa primeira reitora nos máis de cincocentos anos de historia. Tamén, Rosa Crujeiras ou Maite Flores converteránse na primeira muller en dirixir unha universidade pública…
Informativo Galicia 19:50 - 10/03/26
Tarde de mobilizacións en Galicia. Nuns minutos arrancan en varios puntos as que convoca a CIG neste día da clase obreira galega para lembrar ás vítimas dos disparos da policía franquista a unha manifestación do naval en…