Informativo OUrense 8.45 - 12/03/26


Author: Radio Nacional March 12, 2026 Duration: 14:53
Podcast episode
Informativo OUrense 8.45 - 12/03/26

Xoves 12 de marzo, Día Mundial do Ril, data na que actualidade pasa tamén pola Audiencia Provincial, que determinou dous anos de prisión e unha multa de doce millóns de euros para o líder da fábrica clandestina de tabaco de Coles. O PSOE crítica a ausencia de políticas que poñan fin á problemática dos lumes, mentres a Xunta continúa visitando puntos no marco do convenio de xestión da biomasa e defendendo a súa xestión.No laboral, traballadores de distintos sectores continúan reclamando melloras nas condicións. É o caso dos empregados de Textil Lonia e Applus Norcontrol.Desprázamonos ao Centro Cultural Marcos Valcácel, onde até o 5 de abril pode verse a exposición do fotógrafo ourensán Santiago Barreiros co que conversamos. 

More episodes

Duration: 9:54
Cando Emilia Pardo Bazán mandou construir a finais do século XIX o Pazo de Meirás, difícilmente podía imaxinar o litixio que xurdiría anos despois pola propiedade do inmoble. Un pleito entre a familia Franco e o Estado que remata hoxe, cunha sentenza do Supremo que confirma que o pazo é de titularidade pública. De seguida escoitamos a ledicia de memorialistas e grupos políticos. Polo demais, nesta nova xornada de folga na Atención Primaria, recollemos os preocupantes datos das listas de agarda do Sergas. O ano pasado os galegos esperaron de media 73 días para operarse.Nos deportes, en pouco máis dunha hora comeza o Celta-Olympique de Lyon, marcado polas tensións entre os afeccionados tras unha lea a pasada noite.

Duration: 19:59
O pazo de Meirás é do pobo. O que foi un cántico e reivindicación popular durante anos ven de ser ratificado polo Tribunal Supremo, que avala a decisión da audiencia da Coruña e desbota tódolos recursos. Queda só que a xuiza da Coruña aclare a indemnización á que puideran ter dereito os Franco polos anos que o mantiveron.A lista de agarda para operarse segue medrando, ata os 73 días, e tamén as consultas e probas diagnósticas.A CIG denuncia cunha xornada de folga na atención primaria que o proceso aberto para a mellora deste nivel asistencial é un paripé.AEMET confirma que o inverno foi cálido e moi húmido: choveu un 62% máis do normal. E no tempo hoxe temos unha tregua, antes da volta das chuvias pola noite.

Duration: 19:58
Imos rematando a semana, a noticia do día saltaba hai pouco con esa decisión do Supremo sobre a propiedade do Pazo de Meirás, a partir das dúas e dez máis detalles sobre esta resolución xudicial. Pero hoxe, con permiso do resto da actualidade, a protagonista do día ten nome e apelido: Rosa Crujeiras, primeira reitora dunha universidade en Galicia.Recibímola xa nos nosos estudos de RNE Santiago, conversamos con ela neste primeiro día tralas eleccións

Duration: 10:00
Rosa Crujeiras, escollida como nova reitora da Universidade de Santiago. Será a primeira muller no cargo nos máis de 500 anos de historia da institución. De seguida escoitamos as súas primeiras verbas tras coñece-la nova.E este mércores a actualidade lévanos tamén ó Parlamento. BNG e Xunta chocan polo novo vicevaledor do pobo.Polo demais, hoxe coñecemos os resultados de Inditex. A textil segue a marcar records de vendas e beneficios.

Duration: 19:50
O conflicto entorno a Altri abriu unha fenda no parlamento galego que ameaza con rachar ata cos pactos máis institucionalizados e antigos do pazo do hórreo. Hoxe a sesión de control volvía evidenciar a distancia entre PP e BNG sobre o nome do próximo vicevaledor, que tradicionalmente propón o segundo partido da cámara. Tamén a imposibilidade de acordar unha declaración sobre a guerra en oriente próximo.Unha guerra que non perturba á multinacional Inditex, que vixilan a situación pero confían na súa capacidade para se adaptar a situacións complexas, como demostraron coa crise dos aranceis. E baten records de beneficios.Nace a plataforma "Emerxencia, dependencia" que aúna colectivos sociais, profesionais e políticos para denuncia-la situación insostible deste sistema.Unha veciña do concello de A Baña entrega ó ministerio 70 mil sinaturas para pedir que se adianten os cribados de cancro de mama ós 40 anos.No tempo, imos ver máis claros a medida que avance a xornada.

Duration: 19:59
Mércores 11 de marzo, data sinalada no almanaque porque desta xornada sairá a primeira muller reitora dunha universidade galega. Ata as seis da tarde o colectivo universitario compostelá pode escoller entre Rosa Crujeiras e Maite Flores.Á espera dos resultados, hoxe a actualidade pasa tamén polo económico: bos resultados para Inditex que lle valen ó creador do xigante téxtil, a Amancio Ortega, para regresar ó top 10 das persoas máis ricas do mundo segundo Forbes.No sanitario, xa o adiantabamos hai uns minutos, petición nacional -promovida desde Galicia- para rebaixar a idade dos cribados de cancro de mama, das mamografías. Nuns minutos escoitaremos os detalles.Pero antes, imos falar dun peixe en perigo de extinción en Galicia. Unha pista: a súa variante máis coñecida é a de Noruega

Logo
Select station
VOL