Altri, vodas e bautizos

Altri, vodas e bautizos

Author: Luzes March 21, 2024 Duration: 44:56

Nos dous anos que leva a proposta roldando polos despachos, a Xunta xa sabía que o proxecto de Altri era un calote en forma de macrocelulosa, e deixou pasar, ou non sabía nada. Visto doutra forma: foi cousa de malicia ou de ignorancia? Cal das dúas opcións é peor? A Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro o asunto chéiralles mal –nunca mellor dito–. Tan mal como que esteamos pendentes da investidura de Alfonso Rueda como presidente galego por cousa dunha voda que hai en Madrid. Se aínda casase Leonor, pero o alcalde... E se aínda fose un enterro, pero postergar Galicia por unha voda... Ai se don Manuel levantara a cabeza!


A actualidade está sobrevalorada, unha proposta da Revista Luzes, é precisamente iso: un espazo para respirar fóra do ritmo afogado das noticias de última hora. Aquí, Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro reúnense para facer algo cada vez máis infrecuente: falar con calma. O que comeza como unha conversa privada entre eles, deses que se teñen habitualmente tras unha porta ou nun café, convértese no núcleo deste podcast. Non se trata de resumir titulares, senón de escavar no que hai detrás deles, no que se di a media voz e, sobre todo, no que se cala. O obxectivo é tan claro como modesto: conectar cun público que vai máis alá das etiquetas xeracionais, con xente que sente que a información inmediata non é sempre sinónimo de comprensión. Ao escoitar este podcast, atoparás análises pausadas, contexto histórico e moitas conxecturas informadas sobre o que realmente está a pasar e o que podería vir despois. É unha invitación a desconectar do ruído para pensar con máis profundidade, aproveitando a experiencia colectiva e as miradas complementarias de catro xornalistas que levan moito tempo observando o mundo. A súa conversa, agora compartida, é un antídoto contra a superficialidade.
Author: Language: Galician Episodes: 100

A actualidade está sobrevalorada
Podcast Episodes
Estilo Galicia, HEY! [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:35
Que a toma de posesión de Trump foi un espectáculo televisivo? Pois aquí un evento non menos mundial como o I Ano Triunfal de Rueda non foi para menos. A Xunta tirou a casa pola ventá (a TVG) e fixo un reallity show daqu…
Altri, Sargadelos, as transferencias e un bolseiro [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 38:10
Unha empresa que ameaza con irse se non lle dan cariño e 250 millóns de euros, e un empresario que di que pecha ou non, segundo lle dá o aire. Non puidemos escoller mellor ocasión para volver ás súas orellas, e presentar…
Live in Lugo!!! [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 45:11
Conseguimos un dos nosos soños: actuar en directo (aínda que sexa nun cárcere). Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Manuel Pereiro e Lois Pérez (no papel de Antón Losada) estivemos rodeados dun público amigo e rebul…
O ano que ruedamos perigosamente [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 42:19
Vai para un ano que subimos, a maioría do electorado que acudiu ás urnas, ao bus do PP que conducía Alfonso Rueda. Que pasou desde entón? Que cambiou no goberno (a maiores duns funcionarios medoñentos que foron substituí…
Independencia, salarios e alerta cinexética [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 41:18
Non, a alerta cinexética da que avisa a conselleira de Medio Ambiente?,Ángeles Vázquez, non é a dos partidos de esquerda contra a presenza no nomenclator de vilas e cidades do nome do exministro de Franco e expresidente…
Louzán, as urxencias e a connivencia [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 42:09
Galicia, unha vez máis pioneira. Neste caso, na xurisprudencia administrativa. O Tribunal Supremo absolveu a Rafael Louzán do delito de prevaricación porque se é ben certo que o hoxe presidente da RFEF e daquela da Deput…
«El palacete, el palacete»! [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:52
Que pasou co Palacete de París que a Gestapo lle incautou aos vascos e que o PP tiña a firme convicción de que debería seguir sendo propiedade do Patrimonio Público do Estado? (Tan firme que mesmo votou en contra da suba…
Europa, sé forte! [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 38:11
Despois da pompa e circunstancia da toma de posesión de Donald Trump e seu séquito de tecnooligarcas, e a teor de a que líderes convidou ao aplaudirlle, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e mesmo Xosé Manue…
Socialistas, privatizacións e un senador veloz [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 38:24
Que vai querer ser o PSdeG de maior? Esa é a pregunta que parece formularse no día a día. Rompe co BNG en Foz, sométese á cuestión de confianza na Coruña e anda en liortas consigo mesmo en Santiago. E mesmo hai quen sigu…
Manifestación, competencias e a señora Scrooge [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 46:41
Esta semana acumúlansenos os sucesos históricos. Abríase xa o domingo coa masiva manifestación contra a instalación da factoría de produción de pasta de celulosa pola compañia Altri, na que entre 50.000 e 100.000 persoas…