Independencia, salarios e alerta cinexética

Independencia, salarios e alerta cinexética

Author: Luzes February 12, 2025 Duration: 41:18

Non, a alerta cinexética da que avisa a conselleira de Medio Ambiente?,Ángeles Vázquez, non é a dos partidos de esquerda contra a presenza no nomenclator de vilas e cidades do nome do exministro de Franco e expresidente da Xunta,Manuel Fraga. É sobre que hai xabarís soltos na Autoestrada do Atlántico. Un caso máis de apenovismo, porque os xabarís andaron ceibos de toda a vida, e por todas as estradas, grandes e pequenas, de Galicia. Unha polémica, no pensar de algún/algunha dos contertulios (xa saben,Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro) igual de parva que a de se os que cobran o salario mínimo teen que declarar ou non o IRPF, cando en España se estima que hai, en artefactos financieiros legais, 300.000 millóns de euros, que cotizan un 2% ou 3%, e o imposto de sociedades está deseñado de forma que, canto máis ganan, menos contribúen fiscalmente.

Un podcast completo no que se fala tamén de que en Galicia non só hai unha lista de espera para a dependencia, senón dúas (unha para que cha recoñezan, de un ou dous anos, e outra para cobrar, de seis a doce meses). Non haxa medo: o Goberno vai implantar un plan de choque, que inclúe cambiarlle o nome por Ley de Autonomía, e a Xunta, para non ser menos, cartos non se sabe se vai poñer, pero outro plan si. Unha suxestión: pódenlle chamar Lei de Independencia, que o marqueting xa está feito.


A actualidade está sobrevalorada, unha proposta da Revista Luzes, é precisamente iso: un espazo para respirar fóra do ritmo afogado das noticias de última hora. Aquí, Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro reúnense para facer algo cada vez máis infrecuente: falar con calma. O que comeza como unha conversa privada entre eles, deses que se teñen habitualmente tras unha porta ou nun café, convértese no núcleo deste podcast. Non se trata de resumir titulares, senón de escavar no que hai detrás deles, no que se di a media voz e, sobre todo, no que se cala. O obxectivo é tan claro como modesto: conectar cun público que vai máis alá das etiquetas xeracionais, con xente que sente que a información inmediata non é sempre sinónimo de comprensión. Ao escoitar este podcast, atoparás análises pausadas, contexto histórico e moitas conxecturas informadas sobre o que realmente está a pasar e o que podería vir despois. É unha invitación a desconectar do ruído para pensar con máis profundidade, aproveitando a experiencia colectiva e as miradas complementarias de catro xornalistas que levan moito tempo observando o mundo. A súa conversa, agora compartida, é un antídoto contra a superficialidade.
Author: Language: Galician Episodes: 100

A actualidade está sobrevalorada
Podcast Episodes
Unha bispa e dous santos [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 36:39
Temos unha bispa nova na oficina! Cristina Moreira vén de ser designada bispa pola Association of Roman Catholic Women Priest, un colectivo católicas, apostólicas e romanas que reivindican o papel da muller dentro da Igr…
Uber, agresións e Koldo [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 40:53
Legalidade? Que é iso de legalidade? Unhas compañías de transporte comezan a desplegarse na Coruña e Vigo sen os correspondentes permisos dos respectivos concellos. Persoal sanitario e educativo (agora non, porque remato…
Madrid pon orde en Ourense [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 36:19
O que non conseguira Xénova (a rúa) cos Baltar, parece que o vai conseguir un grupúsculo de retórica comunista e ideas de estrema dereita que apareceron, procedentes de Madrid polo barrio ourensán d'O Vinteún para anunci…
Os conselleiros, ai os conselleiros! [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 46:06
Non foi unha semana fina para a nosa clase dirixente. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, dimite (entre aplausos!) ao ser notificado que está investigado por agresión sexual. E a Xunta fai un fiscal-xeral-do-estado a…
As Guerras Médicas e unha recepción impresentable [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 46:48
Volven os 80 e as súas tolas desputas localistas? Marta Otero Mayán, secundada por Ana Luísa Bouza, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro explica que non, que a pretensión do rector da UDC, Ricardo Cao, de impartir Medicina…
Mondariz Balneario, Avión e unha absolución [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 49:38
Que pasa no Balneario? Parece o titulo dunha clásica novela de misterio británica, pero é a historia real duns 300 migrantes refuxiados no concello máis pequeno de Galicia (700 habitantes) que acabaron sendo atendidos po…
Xente que se vai, xente que vén [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 33:51
Ademais de Pepe Mujica (ao que Xosé Manuel Pereiro se empeña en chamar «Mújica«, como Mújica Laínez ou Múgica Herzog, a diferenza de Ana Luísa Bouza e Xosé Hermida) e noutro moi distinto nivel, foise (só do cargo) a dire…
Eleccións alí arriba e aquí ao lado [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 32:17
A tal hora, o Espirito Santo e o electorado portugués están convocados a escoller os próximos dirixentes no Vaticano e no Palacio de São Bento. Parolini ou Luis Montenegro?, Cristóbal López ou PedroNuno Santos? Terán opc…
O Día dos Transistores (e do Traballo) [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 47:06
Onde estabas ti ás 12,33 do 28 de abril de 2025? Cóntannos aquí a súa peripecia persoal Ana Luísa Bouza (na casa), Marta Otero Mayán (na ducha), Xosé Hermida (no Congreso, que había luz) e Xosé Manuel Pereiro (teletrabal…
Cónclave no Hórreo [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:53
O balance de xestión e promesas no Parlamento Galego non foi tan ameno como o Estilo Galicia da semana pasada na Cidade da Cultura, pero tamén nos deu que falar. O presidente Alfonso Rueda está decidido a marcar paquete…