Independencia, salarios e alerta cinexética

Independencia, salarios e alerta cinexética

Author: Luzes February 12, 2025 Duration: 41:18

Non, a alerta cinexética da que avisa a conselleira de Medio Ambiente?,Ángeles Vázquez, non é a dos partidos de esquerda contra a presenza no nomenclator de vilas e cidades do nome do exministro de Franco e expresidente da Xunta,Manuel Fraga. É sobre que hai xabarís soltos na Autoestrada do Atlántico. Un caso máis de apenovismo, porque os xabarís andaron ceibos de toda a vida, e por todas as estradas, grandes e pequenas, de Galicia. Unha polémica, no pensar de algún/algunha dos contertulios (xa saben,Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro) igual de parva que a de se os que cobran o salario mínimo teen que declarar ou non o IRPF, cando en España se estima que hai, en artefactos financieiros legais, 300.000 millóns de euros, que cotizan un 2% ou 3%, e o imposto de sociedades está deseñado de forma que, canto máis ganan, menos contribúen fiscalmente.

Un podcast completo no que se fala tamén de que en Galicia non só hai unha lista de espera para a dependencia, senón dúas (unha para que cha recoñezan, de un ou dous anos, e outra para cobrar, de seis a doce meses). Non haxa medo: o Goberno vai implantar un plan de choque, que inclúe cambiarlle o nome por Ley de Autonomía, e a Xunta, para non ser menos, cartos non se sabe se vai poñer, pero outro plan si. Unha suxestión: pódenlle chamar Lei de Independencia, que o marqueting xa está feito.


A actualidade está sobrevalorada, unha proposta da Revista Luzes, é precisamente iso: un espazo para respirar fóra do ritmo afogado das noticias de última hora. Aquí, Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro reúnense para facer algo cada vez máis infrecuente: falar con calma. O que comeza como unha conversa privada entre eles, deses que se teñen habitualmente tras unha porta ou nun café, convértese no núcleo deste podcast. Non se trata de resumir titulares, senón de escavar no que hai detrás deles, no que se di a media voz e, sobre todo, no que se cala. O obxectivo é tan claro como modesto: conectar cun público que vai máis alá das etiquetas xeracionais, con xente que sente que a información inmediata non é sempre sinónimo de comprensión. Ao escoitar este podcast, atoparás análises pausadas, contexto histórico e moitas conxecturas informadas sobre o que realmente está a pasar e o que podería vir despois. É unha invitación a desconectar do ruído para pensar con máis profundidade, aproveitando a experiencia colectiva e as miradas complementarias de catro xornalistas que levan moito tempo observando o mundo. A súa conversa, agora compartida, é un antídoto contra a superficialidade.
Author: Language: Galician Episodes: 50

A actualidade está sobrevalorada
Podcast Episodes
Os enganados de Palas de Rei e as cartas aurienses [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 45:24
Tiña ou non tiña razón aquel que dixo que se podía enganar moito tempo a algunha xente, e a moita xente por un tempo, pero a toda a xente todo o tempo? É aplicable o dito á xente de Galicia, e en concreto a quen acudiu a…
Non é país para trens (nin para preguntas) [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 26:50
Como era de temer desde que se comezou a falar do porto exterior erradamente chamado da Coruña, os cartos que custou facelo vannos ter que pagar os coruñeses, en cómodos prazos de terreos portuarios públicos. Todo iso de…
Marta, ven en tren! [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 38:04
Marta Otero Mayán, como Escarlata O’Hara, xurouse a si mesma que nunca madrugaría por home ningún. Pois rompeu a promesa a semana pasada, certo é que por un homazo de altura –cando menos física– como o ministro Óscar Pue…
Que contas as do Consello de contas [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:21
Vd sabe en que se gastan os cartos na sanidade pública? Ou por que din que é máis eficiente desviar pacientes á sanidade concertada? Non haxa pena. Nin o sabe vostede, nin Ana Luísa Bouza, nin Marta Otero Mayán, nin Xosé…
Quo Vadebas, Pedro? (Era isto?) [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 48:01
Quo vadis, Pedro? Preguntabámanos no anterior episodio deste podcast. Era unha pregunta retórica. Ben sabiamos que a cousa acabaría nunha declaración –non rolda de prensa– na porta da Moncloa, como se pode comprobar pola…
Quo Vadis, Pedro? [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 43:21
Segundo a lenda cristiá, o apóstolo Simón Pedro, o mariñeiro, cando se fugaba de Roma para salvar a vida, atopouse co xefe, e preguntoulle Quo Vadis? «Onde vas?» (xa se debera de esquecer de falar arameo). Aquí é a socie…
Os Pokémons, TikTok e a que se vai cabreada [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 46:57
Xa temos goberno! E o que é máis importante: xa levan camiño de influencers! E por se fose pouco xa lles coñecemos os caretos, que non é cousa menor con eses apelidos de non destacar que teñen practicamente todos e todas…
Vodas, investiduras e bautizos (e Ferrol) [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 43:23
Alfonso Rueda por fin atopou un oco na axenda para investirse como presidente, e esta semana pasou o trámite de facer no Parlamento a súa oferta de goberno. En que consiste? Pois en crear unha dirección xeral para compro…
Catro vodas et Altri [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:54
Que lle regalará Alfonso Rueda, o presidente en suspensión da Xunta de Galicia, ao alcalde madrileño, José Luis Martínez Almeida, polo seu enlace matrimonial? Mentres Marta Otero Mayán –que xa lle botou un ollo á lista d…
Altri, vodas e bautizos [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 44:56
Nos dous anos que leva a proposta roldando polos despachos, a Xunta xa sabía que o proxecto de Altri era un calote en forma de macrocelulosa, e deixou pasar, ou non sabía nada. Visto doutra forma: foi cousa de malicia ou…