26 Dec, Actualidade Mediodía

26 Dec, Actualidade Mediodía

Author: RadioEstrada December 26, 2025 Duration: 30:12
No informativo de hoxe contamos que todo está listo para a festa de Pre Fin de Ano na Estrada, que se celebra esta noite. Aínda quedan entradas dispoñibles en taquilla e prégase acudir con DNI físico. A Policía Local terá servizo especial durante a celebración, e o seu xefe agarda unha noite festiva pero tranquila. No mesmo ámbito, a Estrada contará cun novo axente de Policía Local, que tras aprobar a oposición iniciará o 2 de xaneiro a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública. A concelleira Lucía Seoane desgrana a programación cultural ata final de ano e anima a reservar entradas para o musical de Pinocho, que chegará o 2 de xaneiro ao Teatro Principal. En comarcas, deixamos a crónica dun choque frontal en Ventoxo (Forcarei) con tres feridos, un deles grave; dunha saída de vía en Cuntis na Noiteboa, onde apareceu un coche abandonado cunha cadeira infantil no interior; e da licitación dun novo contrato para garantir o Servizo de Atención Temperá na comarca. Ademais, a Deputación de Pontevedra aproba máis de 9 millóns de euros en axudas para música e deporte. En deportes, hoxe clausúrase o V Clinic de Nadal, no que técnicos do Celta de Vigo adestraron durante toda a semana a rapaces da Estrada e dos concellos veciños.

Actualidade Mediodía é o punto de encontro sonoro coa vida da Estrada e a súa contorna. Cada día, os micrófonos de RadioEstrada capturan o pulso do que realmente importa na comarca, ofrecendo un resumo completo e próximo do mediodía. Este podcast é a conversa necesaria para quen quere estar ao día, alén das grandes titulacións, mergullándose no detalle local. Aquí escóitase a análise da política do concello, as últimas novidades culturais, os feitos deportivos, os avisos sobre servizos, a previsión do tempo e esas historias de sociedade que definen o día a día. Non se trata só de informar, senón de contextualizar cun rigor e unha proximidade que só un medio arraigado pode ofrecer. A voz propia de RadioEstrada narra con coñecemento, contando as novas dende dentro e para a xente de aquí. É o espazo onde a actualidade se filtra a escala humana, garantindo que ningún acontecemento relevante quede fóra do foco. Se o que pasa na Estrada che importa, este é o teu resgate esencial. A información máis próxima, a que se vive nas rúas e nas conversas, pasa por aquí para chegar a ti nun formato claro e directo. Actualidade Mediodía é, en definitiva, a crónica viva e indispensable da comarca.
Author: Language: Galician Episodes: 100

Actualidade Mediodía
Podcast Episodes
5 Decembro, Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 32:19
Hoxe na Estrada acendemos o Nadal ás 19:30, e comezan máis de trinta actividades ata Reis. Na Escola do Seixo inaugurouse a exposición de Manuel Reimóndez Portela, e xa sabemos que Pedro Pastor actuará aquí o 28 de marzo…
4 Dec, Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 42:12
«Boas! Na Estrada xa cheira a Nadal… e vén cargado de música, espectáculos familiares e máis de trinta actividades ata Reis. Un mes para vivir xuntas e xuntos a maxia do inverno. As persoas maiores tamén terán o seu espa…
3 Dec, Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 40:34
Boas, Estrada! Hoxe anunciouse o Papá Noel Solidario, o 14 de decembro, con actividades para toda a familia a favor da Fundación Andrea. O PSOE pide explicacións pola perda de poboación e o BNG denuncia problemas de segu…
2 de Decembro, Actualidade Mediodía. [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 37:34
O rural recibe máis de 680.000 euros en axudas para mellorar locais sociais. Hai novos desfibriladores na Casa das Letras e nos vehículos da Policía Local. O IES Losada abriu o programa para familias cunha charla sobre c…
1 de Decembro, Actualidade Mediodía. [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 35:59
Hoxe na Estrada temos cultura, luces, controversia… e por suposto, deporte! Arrincamos co peche do Ano Cultural dedicado a Avelina Valladares. A nosa poeta recibe unha homenaxe preciosa coa presentación da súa obra poéti…
28 Nov. Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 40:06
Boas, Estrada! Hoxe vimos cargadiños de novidades. Accidente mortal no día de onte (27Nov) na N-640 ó seu paso por Cuntis, co resultado dunha ferida grave e un falecido. Este luns incorpórase Neves Rodríguez á nosa grell…
27 Nov. Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 38:59
Comezamos pola polémica do día O alcalde Gonzalo Louzao pide explicacións á Consellería de Xustiza polas humidades detectadas no novo edificio do xulgado da Estrada. Un problema que chega nada máis inaugurarse… e que pre…
26 de Novembro, Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 35:04
Hoxe na Estrada tivemos de todo: A Escola Infantil Municipal entregou 200 quilos de doazóns a Cáritas. Presentouse o novo coche do Plan VIVe, e A Estrada é o concello de toda España con máis km percorridos! Os responsabl…
25 Novembro, Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 34:57
Hoxe na Estrada temos o acto do 25N , e tanto o Concello como os grupos políticos da corporación, chaman á participación e á alerta contra a violencia machista ✊. O Concello quere incorporar os xulgados 1 e 2 ️ ao patrim…

«1...678910