30 Dec. Actualidade Mediodía

30 Dec. Actualidade Mediodía

Author: RadioEstrada December 30, 2025 Duration: 24:40
No informativo de hoxe afondamos na ampla conversa mantida co alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, quen debuxou como afronta o municipio este 2025. O rexedor destacou a singularidade dun concello con máis de 470 núcleos de poboación, algo que o fai único pero tamén complexo á hora de distribuír investimentos, especialmente no que ten que ver cos Fondos Europeos. Louzao explicou tamén o estado das obras da Autovía AG‑59 cara Santiago, cuxo remate sitúa nun prazo de tres veráns e cun orzamento de 33 millóns de euros. O alcalde recoñeceu as molestias que os traballos están a causar e anunciou reunións semanais para atender dúbidas e incidencias da veciñanza. Outro dos puntos destacados foi a ampliación do polígono de Toedo, onde xa hai empresas interesadas tanto da Estrada como de fóra. Louzao insistiu na necesidade de facilitar o asentamento de novos proxectos empresariais. O alcalde abordou tamén cuestións demográficas, recoñecendo a tendencia negativa de envellecemento no municipio e confiando en que a chegada da autovía abra novas oportunidades. No ámbito da vivenda, explicou a cesión á Xunta da parcela destinada ás 28 vivendas protexidas, que considera insuficientes pero un primeiro paso cara a novas promocións. Ademais, confirmou que o Concello xa saldou a débeda cos traballadores, un montante próximo aos 3 millóns de euros. A conversa deixou tamén un titular curioso: “A Estrada ten praia”. Louzao referíase á cesión por 50 anos da Sociedade Deportiva de Caza e Pesca Río Ulla, así como ás actuacións previstas no Xirimbao e á mellora da área recreativa da ponte colgante, que buscan potenciar o uso público deste espazo natural.

Actualidade Mediodía é o punto de encontro sonoro coa vida da Estrada e a súa contorna. Cada día, os micrófonos de RadioEstrada capturan o pulso do que realmente importa na comarca, ofrecendo un resumo completo e próximo do mediodía. Este podcast é a conversa necesaria para quen quere estar ao día, alén das grandes titulacións, mergullándose no detalle local. Aquí escóitase a análise da política do concello, as últimas novidades culturais, os feitos deportivos, os avisos sobre servizos, a previsión do tempo e esas historias de sociedade que definen o día a día. Non se trata só de informar, senón de contextualizar cun rigor e unha proximidade que só un medio arraigado pode ofrecer. A voz propia de RadioEstrada narra con coñecemento, contando as novas dende dentro e para a xente de aquí. É o espazo onde a actualidade se filtra a escala humana, garantindo que ningún acontecemento relevante quede fóra do foco. Se o que pasa na Estrada che importa, este é o teu resgate esencial. A información máis próxima, a que se vive nas rúas e nas conversas, pasa por aquí para chegar a ti nun formato claro e directo. Actualidade Mediodía é, en definitiva, a crónica viva e indispensable da comarca.
Author: Language: Galician Episodes: 100

Actualidade Mediodía
Podcast Episodes
22 decembro, Atualidade Mediodía. [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 31:04
No informativo de hoxe falamos dun accidente en Caldas de Reis na madrugada do sábado ao domingo, que deixou varios feridos, entre eles un veciño da Estrada, tras unha colisión frontal entre un coche e unha furgoneta. O…
Fin de semana intenso no Cultural!! [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 31:37
No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da comarca. Abrimos coa reapertura das rúas afectadas polas obras da Praza da Farola, que volven ao tráfico ás 14:00 horas. Escoitamos ao xefe da Policía Local,…
Hoxe na Estrada… abrimos cunha viaxe ao pasado. [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 26:32
O Castro de Barbude recibiu visita institucional, e este sábado, ti tamén podes achegarte antes de que as escavacións se cubran de novo. Na actualidade política, o BNG critica a retirada de contedores no rural e fala de…
A Estrada estrea novo photocall na Praza da Constitución [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 28:35
Orgullo educativo coa FP do Losada Diéguez, premiada en Galicia Skills Xa están listas as cartas para os Reis Magos No rural, proxéctanse 50 illas de reciclaxe ♻️ Actualidade política polo polígono de Toedo E nas comarca…
15 Decembro, Actualidade Mediodía. [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 33:07
No informativo de hoxe en Radio Estrada falamos da presentación do Plan de Saúde Local da Estrada 2026–2030, un documento que aposta por reforzar a Atención Primaria e integrar sanidade, servizos sociais e acción comunit…
12 Decembro, Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 31:00
A nova da xornada: O Concello elaborará o proxecto para ampliar a depuradora de Aguións, que xa está ao límite da súa capacidade. E máis servizos. ♻️ A Estrada inicia unha campaña a pé de rúa para repartir as tarxetas do…
11 Decembro, Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 30:11
Hoxe volvemos cunha de motores e coidado para as familias ✨ Motor Clasic & Feira de Antigüidades Volven con máis de 5.600 m² de exposición e moitas ganas ️ Novas marquesiñas O Concello colocou as marquesiñas nos colexios…
10 Decembro, Actualidade Mediodía. [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 30:16
Hoxe traemos unha mensaxe clara: A psicoanalista Jeanette Valiñas alerta do peso das relacións de poder nos presuntos casos de acoso e do impacto emocional nas vítimas. Na Fundación de Exposicións, Manuel Magariños entra…
9 Decembro, Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 28:09
Hoxe traémosche un resumo do que deu de si a xornada na Estrada… Na piscina climatizada estivo Gonzalo Louzao, falando cos participantes do programa Adestra a túa saúde. Son vinte persoas que buscan mellorar saúde e ánim…