5 Xaneiro, Actualidade Mediodía

5 Xaneiro, Actualidade Mediodía

Author: RadioEstrada January 5, 2026 Duration: 28:06
No informativo de hoxe abrimos cunha noticia de alcance internacional: Estados Unidos inicia o ano cunha operación militar en Venezuela que remata coa captura de Nicolás Maduro. Un acontecemento histórico que se segue con especial atención na Estrada, onde a comunidade venezolana —arredor de 300 persoas— vive con preocupación este momento decisivo. Escoitamos os testemuños de Luis Leal, veciño de Tabeirós e residente en Venezuela, e de José Enrique Nogueira, presidente da Hermandad de Venezolanos na Estrada. Na actualidade local, derrúbase a estrutura da pérgola da praza do mercado, e o Concello estuda aproveitar esta situación para acometer unha reforma integral se se logra a financiación necesaria. A xornada tamén está marcada pola chegada das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente á Estrada. A cabalgata sairá aínda que chova —sempre que non sexa unha precipitación intensa— e a recepción trasladarase ao Teatro Principal. Todo está listo no dispositivo de seguridade, e a Policía Local agradece o comportamento exemplar da veciñanza durante unhas festas sen incidencias destacables. Ademais, esta noite celébrase a Festa da Hostalaría Estradense, cun sorteo que inclúe unha viaxe entre numerosos agasallos. Na comarca, a Garda Civil detén en O Porriño un home de 50 anos por un grave caso de violencia de xénero, cunha muller ferida de extrema gravidade. En deportes, destacamos o triunfo de Brais Rey, que se proclama campión de Galicia de Campo a Través 2025 na categoría sub16, completando os 4.000 metros cunha actuación brillante.

Actualidade Mediodía é o punto de encontro sonoro coa vida da Estrada e a súa contorna. Cada día, os micrófonos de RadioEstrada capturan o pulso do que realmente importa na comarca, ofrecendo un resumo completo e próximo do mediodía. Este podcast é a conversa necesaria para quen quere estar ao día, alén das grandes titulacións, mergullándose no detalle local. Aquí escóitase a análise da política do concello, as últimas novidades culturais, os feitos deportivos, os avisos sobre servizos, a previsión do tempo e esas historias de sociedade que definen o día a día. Non se trata só de informar, senón de contextualizar cun rigor e unha proximidade que só un medio arraigado pode ofrecer. A voz propia de RadioEstrada narra con coñecemento, contando as novas dende dentro e para a xente de aquí. É o espazo onde a actualidade se filtra a escala humana, garantindo que ningún acontecemento relevante quede fóra do foco. Se o que pasa na Estrada che importa, este é o teu resgate esencial. A información máis próxima, a que se vive nas rúas e nas conversas, pasa por aquí para chegar a ti nun formato claro e directo. Actualidade Mediodía é, en definitiva, a crónica viva e indispensable da comarca.
Author: Language: Galician Episodes: 100

Actualidade Mediodía
Podcast Episodes
Informativos Radio Estrada [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 35:06
Informativo marcado pola caída de árbores no rural estradense, que continúa a dificultar a circulación nestes días e obriga a extremar as precaucións. O Concello presenta a súa nova aplicación móbil, xa dispoñible en And…
Informativos Radio Estrada [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 41:49
A Estrada arrinca a xornada cunha boa nova: o municipio repartiu parte do segundo premio da Lotería Nacional, deixando 120.000 euros entre os agraciados. Tamén coñecemos o primeiro paso cara a un irmandamento entre A Est…
É de mañá con Neves Rodríguez [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 1:44:17
Arrancamos febreiro, o mes do entroido por excelencia. No É de mañá recibimos a Alfredo, da Asociación ANXELA de Lamela en Silleda que nos contou como van transcorrir os atranques e máis o desfiles dos Xenerais da Ulla o…
Informativos Radio Estrada [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 33:04
Repasamos unha xornada marcada pola tranquilidade en Emerxencias A Estrada tras unha tarde previa con incidencias destacadas. Celebramos tamén o 19º aniversario de AEstradaDixital e coñecemos os avances do 4º Ciclo do Se…
É de mañá con Neves Rodríguez [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 1:41:54
Neste xoves no que Christine fixo acto de presencia nós ficamos ao quente coa compaña da radio de proximidade. No É de mañá levantamos a persiana e o primeiro que vimos foi o Mosteiro de Carboeiro en Silleda que por fin…
Informativos Radio Estrada. [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 29:38
No episodio de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da comarca nunha xornada marcada polos efectos do mal tempo. O alcalde visita varias parroquias rurais para avaliar os danos, mentres o Concello reúne no MOME ás a…
É de mañá con Neves Rodríguez [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 1:41:54
Neste xoves no que recibimos a visita da borrasca Christine ficamos ao quente no É de mañá gozando da radio de proximidade. Levantamos a persiana en Silleda para falar coa súa alcaldesa Paula Fernández da devolución de d…
Informativos Radio Estrada [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 30:15
No informativo de hoxe repasamos unha xornada marcada polos efectos do temporal no municipio da Estrada. Emerxencias A Estrada e os Bombeiros de Silleda interviñeron na rúa Ulla ante o risco de desprendemento dunha chapa…
É de mañá con Neves Rodríguez [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 1:22:42
Hoxe no é de mañá no Está Falado!, Lois Alcalde Dans achegounos a realidade que se está a vivir na administración de Xustiza á volta do galego? Por qué non se usa? En que situación estamos? Que nos queda por percorrer?.…
Informativos Radio Estrada [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 28:40
Un novo episodio do noso informativo chega marcado pola actualidade máis inmediata na comarca. Abrimos coa última hora do accidente múltiple na AP‑9, no que resultaron feridos os deputados do PPdeG Gonzalo Trenor e Rober…