Live in Lugo!!!

Live in Lugo!!!

Author: Luzes March 3, 2025 Duration: 45:11

Conseguimos un dos nosos soños: actuar en directo (aínda que sexa nun cárcere).  Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Manuel Pereiro e Lois Pérez (no papel de Antón Losada) estivemos rodeados dun público amigo e rebuldeiro e dunha chea de Castelaos (que resultaron ser os concelleiros do BNG). Comparamos os cárceres, as estacións de buses obsoletas e o falamos de dous fenómenos misteriosos: a Administración que non quere que lle dean cartos e o teléfono antiokupas ao que non chama xente que quere que a libren de okupas.

NOTA: 

As nosas condolencias á corporación municipal e á familia e amizades da alcaldesa, Paula Alvarellos, que falecía tras sufrir un infarto precisamente mentres nós gravabamos o podcast.


A actualidade está sobrevalorada, unha proposta da Revista Luzes, é precisamente iso: un espazo para respirar fóra do ritmo afogado das noticias de última hora. Aquí, Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro reúnense para facer algo cada vez máis infrecuente: falar con calma. O que comeza como unha conversa privada entre eles, deses que se teñen habitualmente tras unha porta ou nun café, convértese no núcleo deste podcast. Non se trata de resumir titulares, senón de escavar no que hai detrás deles, no que se di a media voz e, sobre todo, no que se cala. O obxectivo é tan claro como modesto: conectar cun público que vai máis alá das etiquetas xeracionais, con xente que sente que a información inmediata non é sempre sinónimo de comprensión. Ao escoitar este podcast, atoparás análises pausadas, contexto histórico e moitas conxecturas informadas sobre o que realmente está a pasar e o que podería vir despois. É unha invitación a desconectar do ruído para pensar con máis profundidade, aproveitando a experiencia colectiva e as miradas complementarias de catro xornalistas que levan moito tempo observando o mundo. A súa conversa, agora compartida, é un antídoto contra a superficialidade.
Author: Language: Galician Episodes: 100

A actualidade está sobrevalorada
Podcast Episodes
Traballadores secuestrados, profesorado pechado e listas abertas [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 40:59
O novo capitalismo é profesional, moi profesional, que dicía o outro. Usa os traballadores como reféns para obter cartos públicos, e se non, miren para Alcoa, que aos dous anos de asinar un acordo para dez, xa está poñen…
Pisados e separados [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:28
Que é o que máis lle gusta máis a un periodista farto de titular con declaracións? Un informe con datos. Un informe do que sacar conclusións políticas, por suposto. Como o informe Pisa sobre as competencias da rapazada n…
Gallego, vente pa Madrid (pero non en tren) [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 34:11
«Este vaise, e aquel vaise, e todos, todos se van» laiouse Rosalía. A nosa poeta nacional non se refería precisamente ao Congreso e ao Goberno a onde ían os homes que abandonaban Galicia, pero estes son outros tempos. Pr…
Os trens non corren, Baltar agora tampouco [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 36:20
Como nos vellos bos tempos, non hai tren que chegue á súa hora. Amañará a desfeita o novo goberno de Pedro Sánchez? Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro non soamente ignoran a resposta,…
Como dixo Machado… [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 38:18
Terán que lle agradecer aos nosos falantes, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, que viran e escoitaran a mor parte do debate de investidura (Ana Luísa mesmo tomou notas) de Pedro Sánch…
Acordos á galega e putodefender España [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 37:40
O podcast desta semana revisa de adiante cara atrás e de atrás para adiante o contido da negociación do BNG co Goberno en funcións para darlle o «sí, quiero» a Pedro Sánchez na investidura, negociación que non espertou a…
E Galicia que? [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 44:11
Os milagres do podcast. Nada máis gravar o episodio desta semana, no que o equipo falante habitual –Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro– se estrañaban de que na pedrea (nunca mellor dit…
Mestres en folga, Rueda on Tour e Querida Yolanda [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 41:06
A xente que atende á rapazada, sexa nas garderías, nos colexios ou nos institutos, anda levantisca. Ou iso parece, porque están de folga, e non porque pidan máis cartos, senón porque queren atender mellor ao alumnado. Qu…
Besteiro renacido e o galego prohibido [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 43:33
Con menos suspense que nunha película de Santiago Segura (pero con tanta demora no desenvolvemento narrativo), e máis trailers que unha da Marvel, o PSdeG-PSOE escolleu xa candidato á presidencia da Xunta: con todos vost…
Rueda enfadado, litoral recurrido e Jácome no mercado [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 34:31
Non viron o apaixonante debate sobre o estado da autononosa? Non se preocupen, o noso equipo tertuliano habitual Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro– si (ou polo menos unha parte cualif…