Live in Lugo!!!

Live in Lugo!!!

Author: Luzes March 3, 2025 Duration: 45:11

Conseguimos un dos nosos soños: actuar en directo (aínda que sexa nun cárcere).  Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Manuel Pereiro e Lois Pérez (no papel de Antón Losada) estivemos rodeados dun público amigo e rebuldeiro e dunha chea de Castelaos (que resultaron ser os concelleiros do BNG). Comparamos os cárceres, as estacións de buses obsoletas e o falamos de dous fenómenos misteriosos: a Administración que non quere que lle dean cartos e o teléfono antiokupas ao que non chama xente que quere que a libren de okupas.

NOTA: 

As nosas condolencias á corporación municipal e á familia e amizades da alcaldesa, Paula Alvarellos, que falecía tras sufrir un infarto precisamente mentres nós gravabamos o podcast.


A actualidade está sobrevalorada, unha proposta da Revista Luzes, é precisamente iso: un espazo para respirar fóra do ritmo afogado das noticias de última hora. Aquí, Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro reúnense para facer algo cada vez máis infrecuente: falar con calma. O que comeza como unha conversa privada entre eles, deses que se teñen habitualmente tras unha porta ou nun café, convértese no núcleo deste podcast. Non se trata de resumir titulares, senón de escavar no que hai detrás deles, no que se di a media voz e, sobre todo, no que se cala. O obxectivo é tan claro como modesto: conectar cun público que vai máis alá das etiquetas xeracionais, con xente que sente que a información inmediata non é sempre sinónimo de comprensión. Ao escoitar este podcast, atoparás análises pausadas, contexto histórico e moitas conxecturas informadas sobre o que realmente está a pasar e o que podería vir despois. É unha invitación a desconectar do ruído para pensar con máis profundidade, aproveitando a experiencia colectiva e as miradas complementarias de catro xornalistas que levan moito tempo observando o mundo. A súa conversa, agora compartida, é un antídoto contra a superficialidade.
Author: Language: Galician Episodes: 100

A actualidade está sobrevalorada
Podcast Episodes
Lanrobers, Felpudo e xabaríns [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 45:05
Quedou O Noso ExPresidente tocado, afundido ou reforzado despois de que o Parlamento non o recoñecera como gañador das pasadas eleccións xerais? Na TVG contemplan que Ana Pontón vaia convidada a Luar en compensación polo…
Dous galegos e un destino [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 42:20
Rematou o verán e volvemos ao traballo. Antón Losada, Ana Luisa Bouza, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro comentan a fracasada investidura de Alberto Núñez Feijóo. Ou non foi un fracaso? Estaría Feijóo buscando algunha ou…
A análise definitiva do 23X: por primeira vez, non todos gañaron [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 46:20
A Actualidade Está Sobrevalorada, o podcast preferido das élites cualitativas deste país, despide a súa segunda tempada analizando esta pasada convocatoria electoral, na que por unha vez, todo parecía que estaba claro, p…
O globo de Betanzos, eleccións e outras ascensións [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 33:08
Sube o globo ou non sube? Pincha ou que? O de Betanzos, que se eleva todos os anos polas festas desde 1814, está como que non por un encerellamento político, pero tamén hai outros globos en cuestión. O da vitoria inapela…
Ofrendas e mentiras [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 40:36
A nova alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, asegura que non participará no acto relixioso ese no que o Rei, en persoa ou mediante subcontrata, lle pide ao Apóstolo (á estatua que está na catedral) que faga o que o…
Himno, Tangana e campaña [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 34:21
«Oliveira de cen anos...» Poden uns deportivistas pechados recoñecer as virtudes do Himno do centenario do Celta? E as excelencias como compositor de C.Tangana? Nalgún dos casos, si, e noutros non. Para descubrir que opi…
Turistofobia, Baltar e Feijóo (que en español se llama Haba) [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 43:00
Vén o verán, e con el a calor, as moscas e os turistas. Que facemos con todo iso, en particular cos turistas, e máis en particular aínda cos que se comportan como non se comportarían alí de onde veñen? Ana Luísa Bouza, A…
A rica diversidade de España: de Ourense a Estremadura [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 36:09
A Actualidade está sobrevalorada brinca hoxe de Rodeiro a Ourense (capital), de alí a Ourense (provincia) e, tirando cara afóra, por Xinzo e Viana do Bolo, para saír completamente e recalar en Estremadura, onde a xente d…
Baltar o fillo non é Baltar [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 44:44
Xa o dicía Ico, o cantante do Sonoro Maxín, e xa o dixeron Ana Luisa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro (polo menos algún deles) nos podcast anteriores. Manuel Baltar, Baltar fillo, non é Baltar, José…
Cousas serias e cousas do politiqueo [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 40:38
De que valen os protocolos de protección por moito que cumpran se o resultado é un asasinato? Pode ser un acoso no que rexistraron 56 actuacións cualificado de «risco medio»? Que o maltratador sexa membro dos corpos e fo…