Live in Lugo!!!

Live in Lugo!!!

Author: Luzes March 3, 2025 Duration: 45:11

Conseguimos un dos nosos soños: actuar en directo (aínda que sexa nun cárcere).  Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Manuel Pereiro e Lois Pérez (no papel de Antón Losada) estivemos rodeados dun público amigo e rebuldeiro e dunha chea de Castelaos (que resultaron ser os concelleiros do BNG). Comparamos os cárceres, as estacións de buses obsoletas e o falamos de dous fenómenos misteriosos: a Administración que non quere que lle dean cartos e o teléfono antiokupas ao que non chama xente que quere que a libren de okupas.

NOTA: 

As nosas condolencias á corporación municipal e á familia e amizades da alcaldesa, Paula Alvarellos, que falecía tras sufrir un infarto precisamente mentres nós gravabamos o podcast.


A actualidade está sobrevalorada, unha proposta da Revista Luzes, é precisamente iso: un espazo para respirar fóra do ritmo afogado das noticias de última hora. Aquí, Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro reúnense para facer algo cada vez máis infrecuente: falar con calma. O que comeza como unha conversa privada entre eles, deses que se teñen habitualmente tras unha porta ou nun café, convértese no núcleo deste podcast. Non se trata de resumir titulares, senón de escavar no que hai detrás deles, no que se di a media voz e, sobre todo, no que se cala. O obxectivo é tan claro como modesto: conectar cun público que vai máis alá das etiquetas xeracionais, con xente que sente que a información inmediata non é sempre sinónimo de comprensión. Ao escoitar este podcast, atoparás análises pausadas, contexto histórico e moitas conxecturas informadas sobre o que realmente está a pasar e o que podería vir despois. É unha invitación a desconectar do ruído para pensar con máis profundidade, aproveitando a experiencia colectiva e as miradas complementarias de catro xornalistas que levan moito tempo observando o mundo. A súa conversa, agora compartida, é un antídoto contra a superficialidade.
Author: Language: Galician Episodes: 100

A actualidade está sobrevalorada
Podcast Episodes
Narcosubmarinos, mordazas e papel hixiénico [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 44:55
Apareceu un novo narcosubmarino nas nosas costas. A imaxinación dos nosos contertulios, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro dispárase e vislumbran, cal emprendedores, unhas novas oportu…
A escala Ritcher da corrupción en España [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:09
Que corrupción é peor? A dos políticos? ¿A dos xuíces? A das institucións? A das administracións? A dos medios? A dos empresarios que sustentan todas elas, ou a da cidadanía que as consente mal que ben? No episodio 18, A…
A resposta, o negocio e Ferrovial están no vento [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:27
Caso Ferrovial: co caso Ferrovial, a metade dos medios e da clase política española descubren de pronto que as grandes empresas van onde queren a pagar (ou a non pagar) os impostos, independentemente de onde traballen. N…
Xente de ben, xente de mal [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 42:14
Somos xente de Ben, tal e como se reivindica Alberto Núñez Feijóo? Xente de Mal, como se recoñece Antón Losada? Ou xente de Suficiente, como admite Marta Otero Mayán? Canta xente de ben queda, reflexiona Xosé Manuel Pere…
Manifestacións, cocidos, ovnis e oleodutos [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 41:14
Ducias de milleros de galegos e galegas manifestáronse en Santiago contra a política sanitaria de Isabel Díaz Ayuso, ou esa debe ser a conclusión que sacaron moitos dos que viron a noticia nos informativos televisivos de…
O Supremo, ENCE e outras bandas [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 40:46
Como nas películas de Hollywood, a factoría de Ence queda na ría de Pontevedra por unha decisión no último minuto, na última instancia. Por dúas, en realidade. A primeira, cando o pontevedrés Rajoy, xa desaloxado da pres…
Non era un rescate, é a túa hipoteca [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 42:43
A banca española acaba de anunciar beneficios que nunca tal se vira. 6.000 millóns de euros, 9.000 millóns… e só co negocio en España, sen contar o que andan facendo polas afóras. E todo pese ás ansias confiscatorias do…
Xubilados, terroristas e put*s nazis [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 41:10
O mundo anda revolto. Os xubilados, polo menos <strong>Pompeyo</strong> o de Miranda de Ebro, aproveita os cen euros da suba da pensión en mercar os compoñenentes necesarios para armar unha bomba putinista que lle enviar…
Vai, vai, Froilain (que non sal-pique) [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:32
O beef de Shakira está a constituir unha bomba de fragmentación. Tantas e tan altas ondaa fixo esa pedra no estanque mediático que a auga, ademais de sal-picar, mollou aos nosos analistas de garda. Ana Luisa Bouza, Antón…