22 decembro, Atualidade Mediodía.

22 decembro, Atualidade Mediodía.

Author: RadioEstrada December 23, 2025 Duration: 31:04
No informativo de hoxe falamos dun accidente en Caldas de Reis na madrugada do sábado ao domingo, que deixou varios feridos, entre eles un veciño da Estrada, tras unha colisión frontal entre un coche e unha furgoneta. O servizo móbil do DNI pecha o ano na Estrada con 630 citas atendidas e anuncia que todas as quendas de xaneiro están xa completas, permitindo renovar DNI e pasaporte ao mesmo tempo. A Estrada acolleu o encontro de irmandade das Tres Negreira de Galicia, un acto para poñer en valor a historia, a lingua e a toponimia compartida. Tamén destacamos o éxito de afluencia nas visitas ao Castro de Barbude, onde se amosaron os achados arqueolóxicos antes de seren cubertos de novo para a súa conservación. A fin de semana chegou cargada de actividades culturais, coa axenda do Nadal xa en marcha e coa celebración hoxe da Gala do Deporte. En comarcas, Vila de Cruces celebrou a súa 26ª Feira do Galo de Curral, con degustación e música tradicional. E en deportes, Rafa Vázquez achéganos os resultados da fin de semana no fútbol, que ademais veñen con victorias.

Actualidade Mediodía é o punto de encontro sonoro coa vida da Estrada e a súa contorna. Cada día, os micrófonos de RadioEstrada capturan o pulso do que realmente importa na comarca, ofrecendo un resumo completo e próximo do mediodía. Este podcast é a conversa necesaria para quen quere estar ao día, alén das grandes titulacións, mergullándose no detalle local. Aquí escóitase a análise da política do concello, as últimas novidades culturais, os feitos deportivos, os avisos sobre servizos, a previsión do tempo e esas historias de sociedade que definen o día a día. Non se trata só de informar, senón de contextualizar cun rigor e unha proximidade que só un medio arraigado pode ofrecer. A voz propia de RadioEstrada narra con coñecemento, contando as novas dende dentro e para a xente de aquí. É o espazo onde a actualidade se filtra a escala humana, garantindo que ningún acontecemento relevante quede fóra do foco. Se o que pasa na Estrada che importa, este é o teu resgate esencial. A información máis próxima, a que se vive nas rúas e nas conversas, pasa por aquí para chegar a ti nun formato claro e directo. Actualidade Mediodía é, en definitiva, a crónica viva e indispensable da comarca.
Author: Language: Galician Episodes: 100

Actualidade Mediodía
Podcast Episodes
5 Decembro, Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 32:19
Hoxe na Estrada acendemos o Nadal ás 19:30, e comezan máis de trinta actividades ata Reis. Na Escola do Seixo inaugurouse a exposición de Manuel Reimóndez Portela, e xa sabemos que Pedro Pastor actuará aquí o 28 de marzo…
4 Dec, Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 42:12
«Boas! Na Estrada xa cheira a Nadal… e vén cargado de música, espectáculos familiares e máis de trinta actividades ata Reis. Un mes para vivir xuntas e xuntos a maxia do inverno. As persoas maiores tamén terán o seu espa…
3 Dec, Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 40:34
Boas, Estrada! Hoxe anunciouse o Papá Noel Solidario, o 14 de decembro, con actividades para toda a familia a favor da Fundación Andrea. O PSOE pide explicacións pola perda de poboación e o BNG denuncia problemas de segu…
2 de Decembro, Actualidade Mediodía. [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 37:34
O rural recibe máis de 680.000 euros en axudas para mellorar locais sociais. Hai novos desfibriladores na Casa das Letras e nos vehículos da Policía Local. O IES Losada abriu o programa para familias cunha charla sobre c…
1 de Decembro, Actualidade Mediodía. [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 35:59
Hoxe na Estrada temos cultura, luces, controversia… e por suposto, deporte! Arrincamos co peche do Ano Cultural dedicado a Avelina Valladares. A nosa poeta recibe unha homenaxe preciosa coa presentación da súa obra poéti…
28 Nov. Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 40:06
Boas, Estrada! Hoxe vimos cargadiños de novidades. Accidente mortal no día de onte (27Nov) na N-640 ó seu paso por Cuntis, co resultado dunha ferida grave e un falecido. Este luns incorpórase Neves Rodríguez á nosa grell…
27 Nov. Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 38:59
Comezamos pola polémica do día O alcalde Gonzalo Louzao pide explicacións á Consellería de Xustiza polas humidades detectadas no novo edificio do xulgado da Estrada. Un problema que chega nada máis inaugurarse… e que pre…
26 de Novembro, Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 35:04
Hoxe na Estrada tivemos de todo: A Escola Infantil Municipal entregou 200 quilos de doazóns a Cáritas. Presentouse o novo coche do Plan VIVe, e A Estrada é o concello de toda España con máis km percorridos! Os responsabl…
25 Novembro, Actualidade Mediodía [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 34:57
Hoxe na Estrada temos o acto do 25N , e tanto o Concello como os grupos políticos da corporación, chaman á participación e á alerta contra a violencia machista ✊. O Concello quere incorporar os xulgados 1 e 2 ️ ao patrim…

«1...678910