22 decembro, Atualidade Mediodía.

22 decembro, Atualidade Mediodía.

Author: RadioEstrada December 23, 2025 Duration: 31:04
No informativo de hoxe falamos dun accidente en Caldas de Reis na madrugada do sábado ao domingo, que deixou varios feridos, entre eles un veciño da Estrada, tras unha colisión frontal entre un coche e unha furgoneta. O servizo móbil do DNI pecha o ano na Estrada con 630 citas atendidas e anuncia que todas as quendas de xaneiro están xa completas, permitindo renovar DNI e pasaporte ao mesmo tempo. A Estrada acolleu o encontro de irmandade das Tres Negreira de Galicia, un acto para poñer en valor a historia, a lingua e a toponimia compartida. Tamén destacamos o éxito de afluencia nas visitas ao Castro de Barbude, onde se amosaron os achados arqueolóxicos antes de seren cubertos de novo para a súa conservación. A fin de semana chegou cargada de actividades culturais, coa axenda do Nadal xa en marcha e coa celebración hoxe da Gala do Deporte. En comarcas, Vila de Cruces celebrou a súa 26ª Feira do Galo de Curral, con degustación e música tradicional. E en deportes, Rafa Vázquez achéganos os resultados da fin de semana no fútbol, que ademais veñen con victorias.

Actualidade Mediodía é o punto de encontro sonoro coa vida da Estrada e a súa contorna. Cada día, os micrófonos de RadioEstrada capturan o pulso do que realmente importa na comarca, ofrecendo un resumo completo e próximo do mediodía. Este podcast é a conversa necesaria para quen quere estar ao día, alén das grandes titulacións, mergullándose no detalle local. Aquí escóitase a análise da política do concello, as últimas novidades culturais, os feitos deportivos, os avisos sobre servizos, a previsión do tempo e esas historias de sociedade que definen o día a día. Non se trata só de informar, senón de contextualizar cun rigor e unha proximidade que só un medio arraigado pode ofrecer. A voz propia de RadioEstrada narra con coñecemento, contando as novas dende dentro e para a xente de aquí. É o espazo onde a actualidade se filtra a escala humana, garantindo que ningún acontecemento relevante quede fóra do foco. Se o que pasa na Estrada che importa, este é o teu resgate esencial. A información máis próxima, a que se vive nas rúas e nas conversas, pasa por aquí para chegar a ti nun formato claro e directo. Actualidade Mediodía é, en definitiva, a crónica viva e indispensable da comarca.
Author: Language: Galician Episodes: 100

Actualidade Mediodía
Podcast Episodes
É de mañá con Neves Rodríguez [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 10:50
Hoxe martes 27 de xaneiro o É de mañá levanta a persiana falando con Verónica Rodríguez, a nosa psicológa, das situacións que se crean á volta das emerxencias e das situacións de alerta. Como reaccionamos? O noso medo é…
Informativos Radio Estrada. Alerta Vermella. [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 41:00
No informativo de hoxe repasamos a situación de aviso vermello por choivas no interior de Pontevedra, que deixa desaloxos en Cuntis e a suspensión das clases na Estrada. O Concello estradense pide tamén colaboración veci…
Informativos Radio Estrada [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 40:07
A Estrada afronta unha xornada marcada pola alerta laranxa por neve, coa maquinaria e o sal xa preparados para garantir a seguridade viaria. No ámbito cultural, o Concello presentou esta mañá o programa do Entroido 2026,…
Informativos Radio Estrada [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 34:22
No informativo de hoxe repasamos a intensa actividade das últimas horas en A Estrada, onde Emerxencias tivo que retirar varias árbores caídas polo vento e achega consellos ante o mal tempo que se agarda. Falamos tamén da…
Informativos Radio Estrada [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 32:14
Informativo de hoxe en Radio Estrada Arrincamos o programa lembrando a importancia das doazóns de sangue, especialmente nestes días nos que as catástrofes e accidentes nos fan máis conscientes do valor de cada xesto soli…
Informativos Radio Estrada [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 39:54
Informativo de hoxe en Radio Estrada A xornada chega marcada polo corte total da Praza de Galicia, que finalmente se adiantou ao día de hoxe, impedindo xa a circulación pola zona. O Concello continúa tamén co seu plan de…
Informativos Radio Estrada [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 34:11
Informativo de hoxe en Radio Estrada A Deputación de Pontevedra anuncia un investimento de máis dun millón de euros para mellorar a estrada provincial A Estrada–Forcarei (EP-7001), unha actuación clave para a mobilidade…
Informativos Radio Estrada [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 38:22
Informativo de hoxe en Radio Estrada A edición de hoxe chega marcada polos importantes cortes de telecomunicacións que deixaron sen teléfono nin internet a veciños de Moreira, Berres, Remesar, Agar e Loimil. Desde A Estr…
Informativos Radio Estrada [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 36:58
Informativo de hoxe en Radio Estrada A edición de hoxe chega marcada pola emoción do Sorteo de Nadal de ACOE, no que chamamos en directo ás persoas premiadas. A moto recae en Silvia Sanjurjo, da Estrada —aínda que o tick…
14 Xaneiro, Actualidade Mediodía. [not-audio_url] [/not-audio_url]

Duration: 28:13
Informativo de hoxe en Radio Estrada A mañá comezou cun aparatoso accidente no Castroloureiro , onde un coche envorcou tras un forte impacto con outro vehículo. No ámbito municipal, o alcalde continúa o seu percorrido po…